Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Valoración e prescrición do exercicio físico para a saúde
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo Realizar un traballo teórico-práctico exposto polo profesor/a vinculado co desenvolvemento dos contidos da materia. A guía para a realización do traballo será publicada na plataforma da materia. 30 B1
B2
B11
B13
B14
B16
C8
C13
C15
C17
C18
Exame de preguntas obxectivas Realizarase unha proba teórico-práctica: test, resposta curta e/ou resolución de supostos prácticos. 40 B1
B2
B11
B13
B14
B16
C8
C13
C15
C17
C18
Presentación Realizar unha exposición e defensa don contidos teórico-prácticos do traballo. 10 B1
B2
B11
B13
B14
B16
C8
C13
C15
C17
C18
Resolución de problemas e/ou exercicios Realizarase unha análise, interpretación e reflexión de textos científicos vinculados ós contidos da materia. 20 B1
B2
B11
B13
B14
B16
C8
C13
C15
C17
C18
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua

Este método de avaliación implica a realización das seguintes probas:

- Realizar o traballo exposto polo profesor/a vinculados co desenvolvemento dos contidos - 30%.

- Realizar unha presentación oral do traballo teórico-práctico - 10%

- Realizar un exercicio de análise de textos científicos - 20%

- Realizar o exame de preguntas obxectivas - 40%.

Requisitos para superar a materia:

- É necesario sacar un 5 no exame para poder aprobar a materia. As notas das demáis probas de avaliación soamente se sumarán no caso de que o exame estea aprobado.

- É obrigatorio presentar todos os traballos, en caso de non facelo se suspenderá a avaliación continua e, por tanto, a materia.

- É obrigatorio cumprir co 80% de asistencia ás clases prácticas.
Aqueles/as alumnos/as que non alcancen o minimo de asistencia indicado, deberán realizar un exame de contidos prácticos na 1ª convocatoria cuxa valoración será de "apto" ou "non apto" . Si resulta non apto, se  suspenderá a materia.

Recuperación

- Se non se aproba o exame, se gardarán as notas do resto de probas realizadas só para a 2ª convocatoria (xuño/xullo).

- Se non se presenta algún dos traballos requiridos, se suspenderá a avaliación continua e deberá presentarse o mesmo na 2ª convocatoria (xuño/xullo). Se conservarán as notas das partes presentadas/superadas só para a 2ª convocatoria (xuño/xullo). 

- Se non se alcanza unha valoración de "apto" no exame práctico (persoas que non alcanzaron o mínimo de asistencia esixida) deberán presentarse ao exame práctico da 2ª convocatoria (xuño/xullo).

Avaliación global

Este método de avaliación implica a realización das seguintes probas:

- Realizar o traballo exposto polo profesor/a vinculados co desenvolvemento dos contidos (40%).

- Realizar o exame de preguntas obxectivas (60)%.

Requisitos para superar a materia

- É necesario sacar un 5 no exame para superar a materia. A nota do traballo soamente se sumará no caso de que o exame estea
aprobado.

- Se só supérase unha das dúas probas, se gardará a nota da parte aprobada soamente para a 2ª convocatoria (xuño/xullo).

- A realización do traballo é obrigatoria. En caso de non presentalo, se suspenderá a materia.

- É obrigatorio cumprir co 80% de asistencia ás clases prácticas.
Aqueles/as alumnos/as que non alcancen o mínimo de asistencia indicado, deberán realizar un exame de contidos prácticos na 1ª
convocatoria cuxa valoración seráde "apto" ou "non apto" . Si resulta non
apto, se suspenderá a materia.

Recuperación

-
Se non se aproba o exame, se gardará a nota do traballo (en caso de ser presentado) só para a 2ª convocatoria (xuño/xullo).
- Se non se presentou o traballo requirido, deberá realizarse o mesmo e entregalo na 2ª convocatoria (xuño/xullo). 
- Se non se alcanza unha valoración de "apto" no exame práctico (persoas que non
alcanzaron o mínimo de asistencia esixida) deberán presentarse ao
exame práctico da 2ª convocatoria (xuño/xullo).

Convocatoria Extraordinaria

Para a convocatoria extraordinaria realizarase un exame cuxo valor será o 100% da nota.

Datas de exames

As datas dos exames se poderán consultar na páxina  web da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte na seguinte ligazón: http://fcced.uvigo.es/*gl/docencia/*exames

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000