Guia docente 2023_24
Facultad de Ciencias de la Educación y del Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Didáctica dos procesos de ensino-aprendizaxe na actividade física e o deporte I
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2023_24
Materia Didáctica dos procesos de ensino-aprendizaxe na actividade física e o deporte I Código P02G050V01501
Titulación
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OB 3 1c
Lingua de impartición
Galego
Prerrequisitos
Departamento Didácticas especiais
Coordinador/a
Rey Cao, Ana Isabel
Correo-e anacao@uvigo.gal
Profesorado
Rey Cao, Ana Isabel
Web
Descrición xeral A didáctica é o ramo das Ciencias da Educación que ten por obxecto a optimización do proceso ensino-aprendizaxe (E-A).
O obxectivo fundamental desta materia é facilitar ao alumnado os coñecementos básicos para desenvolver con rigor didáctico a programación dun proceso de ensino-aprendizaxe a través de prácticas corporais.
A Didáctica é un contido transversal indispensábel para a práctica profesional das graduadas e graduados en Ciencias da Actividade Física e o Deporte. Está presente en todo proceso de E-A, con independencia do ámbito onde se desenvolva: rendemento deportivo, ocio, educación ou saúde.
Nesta aproximación inicial (no segundo cuadrimestre impártese Didáctica dos procesos de ensino-aprendizaxe na actividade física e o deporte II) abórdanse os principais elementos do sistema que constitúe unha programación educativa. A materia aporta as ferramentas básicas coas que posteriormente poder adaptarse a calquera proceso de ensino-aprendizaxe en contextos non formais (docencia en actividades extraescolares, escolas deportivas, asociacións, centros socioculturais, academias, etc.) e formais (educación física escolar).
A materia céntrase na dimensión máis instrutiva dos procesos de E-A. No deseño das tarefas de E-A para a optimización dos contidos en coherencia coas competencias, obxectivos; e na aplicación dos métodos para o control da disciplina, o espazo e a comunicación.
A práctica reflexiva e o traballo colaborativo son os eixes transversais da materia.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000