Educational guide 2018_19
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Didáctica dos procesos de ensino-aprendizaxe na actividade física e o deporte I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Microensino: Programación e desenvolvemento dunha intervención didáctica a través da actividade física e o deporte.
Os criterios son:
- Entregar o borrador da sesión e a memoria final no prazo establecido.
- Desenvolver o traballo cumprindo os requisitos formais e de contido esixidos.
- Levar á práctica a sesión deseñada.
- Asistir a dúas titorías para a revisión previa da sesión e a clase onde explicase o método correspondente a esa sesión.
- Deseñar e explicitar tarefas cumprindo os criterios solicitados (aplicación de métodos específicos).
- Obrigatorio para todo o alumnado.
30 B1
B2
B11
B12
B13
B15
B16
B18
B20
B21
B23
B25
B26
Titoría en grupo Asistencia en grupo as titorías para a supervisión e discusión do traballo tutelado.
- O alumnado debe asistir as titorías coas tarefas de control realizadas que se explicitan no guión do traballo.
- Só se cualificará ao alumnado que asista.
10 B2
B11
B12
B25
B26
Estudo de casos Asistencia e participación activa na reflexión e análise didáctica que se realizará na clase A da sesión práctica desenvolvida na clase B. Execución e entrega das tarefas propostas. 5
Prácticas de laboratorio Control da participación nas clase de laboratorio.
-Asistir e participar activa e criticamente no microensino cun mínimo do 80% das prácticas das horas dos grupos B e C.
- Realizar correctamente a observación de habilidades de comunicación e máis a gravación audiovisual.
-A asistencia a máis de un 80% da docencia de aula de créditos B e C eximirá da realización do exame práctico final.
-Este criterio non é de obrigado cumprimento para superar a materia, posto que o alumnado que supere o 20% de faltas poderá acceder á avaliación final mediante una proba dos créditos de laboratorio. Calificación de apto/a ou non apto/a
5 B13
B15
B16
B18
B20
B21
B23
B25
Práctica de laboratorio Desenvolvemento dunha intervención didáctica en grupo. O alumnado asumirá a docencia dun mínimo dunha actividade de ensino-aprendizaxe.
Os criterios son:
- Organizar a fase pre-activa.
- Xestionar axeitadamente os recursos materiais e espaciais durante o desenvolvemento da sesión.
- Implementar estratexias de disciplina e participación pasiva.
- Desenvolver a fase reflexiva con criterios didácticos.
- Adoptar unha actitude docente positiva.
- Organizar e desenvolver a fase post-activa xunto co alumnado en horas A (reflexión e análise da sesión).
10 B11
B23
B26
Estudo de casos Defensa oral do traballo escrito. O alumnado respostará as cuestións realizadas pola profesora sobre á programación da sesión desenvolvida no traballo tutelado.

En casos específicos, mediante negociación previa coa profesora, esta ferramenta de avaliación poderá ser sustituída por un exame escrito de desenvolvemento.
40 B1
B2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Para superar a asignatura é imprescindible:
-acadar unha cualificación mínima de 5 puntos e realizar a metodoloxía de traballo tutelado.
- realizar a práctica de laboratorio.
- obter unha cualificación mínima de 1,5 puntos no estudo de casos/análise de situacións.
Os traballos deberán ser entregados nas datas determinadas pola profesora. A entrega dos traballos será en formato papel, a excepción daqueles casos nos que se especifique o contrario. Cando o traballo non se entregue persoalmente á profesora, deberá adxuntarse unha copia por correo electrónico simultáneamente a súa entrega na caixa de correos da facultade.
De non ter superada a materia na primeira convocatoria, as competencias non adquiridas serán avaliadas na convocatoria de xuño/xullo. Nas convocatorias correspondentes a un mesmo curso académico, consérvanse as cualificacións obtidas polo alumnado. Será necesario repetir as metodoloxías necesarias para conseguir un mínimo de 5 puntos. As titorías son presenciais. Non se realizará atención titorial por correo electrónico. O alumnado "Non asistente"deberá realizar unha intervención didáctica que cumpla as condicións especificadas no traballo tutelado e superar as metodoloxías de: Traballo tutelado; Estudo de casos/análise de situacións; Prácticas de laboratorios.
As datas oficiais dos exames pódense consultar na web da facultade na ligazón http://fcced.uvigo.es/es/docencia/examenes.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000