Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Didáctica dos procesos de ensino-aprendizaxe na actividade física e o deporte I
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos tutelados Microensino: Programación e desenvolvemento dunha intervención didáctica a través da actividade física e o deporte.
Os criterios son:
- Entregar o borrador da sesión e a memoria final no prazo establecido.
- Desenvolver o traballo cumprindo os requisitos formais e de contido esixidos.
- Levar á práctica a sesión deseñada.
- Asistir a dúas titorías para a revisión previa da sesión, e a clase onde se explica o método correspondente a esa sesión.
- Deseñar e explicitar tarefas cumprindo os criterios solicitados (aplicación de métodos específicos).
- Obrigatorio para todo o alumnado.
30
Prácticas de laboratorio Control da participación nas clase de laboratorio.
-Asistir e participar activa e criticamente no microensino cun mínimo do 80% das prácticas das horas dos grupos B.
-A asistencia a máis de un 80% da docencia de aula de créditos B e C eximirá da realización do exame práctico final.
-Este criterio non é de obrigado cumprimento para superar a materia, posto que o alumnado que supere o 20% de faltas poderá acceder a avaliación final mediante una proba dos créditos de laboratorio.
- Calificación de apto/a ou non apto /a
10
Titoría en grupo Asistencia en grupo as titorías para a supervisión e discusión do traballo tutelado.
- O alumnado debe asistir as titorías coas tarefas de control realizadas que se explicitan no guión do traballo.
- Só se cualificará ao alumnado que asista.
20
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Desenvolvemento dunha intervención didáctica en grupo. O alumnado asumirá a docencia dun mínimo dunha actividade de ensino-aprendizaxe.
Os criterios son:
- Organizar a fase pre-activa.
- Xestionar axeitadamente os recursos materiais e espaciais durante o desenvolvemento da sesión.
- Implementar estratexias de disciplina e participación pasiva.
- Desenvolver a fase reflexiva con criterios didácticos.
- Adoptar unha actitude docente positiva.
10
Estudo de casos/análise de situacións Defensa oral do traballo escrito. O alumnado respostará as cuestións realizadas pola profesora sobre á programación da sesión desenvolvida no traballo tutelado.

En casos específicos, mediante negociación previa coa profesora, esta ferramenta de avaliación poderá ser sustituída por un exame escrito de desenvolvemento.
30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar a asignatura é imprescindible:

- acadar unha calificación mínima de 5 puntos.

- obter unha calificación mínima de 1,5 puntos na metodoloxía de traballo tutelado.

- realizar a proba práctica, de execución de tarefas reais.

- obter unha cualificación mínima de 1,5 puntos no estudo de casos/análise de situacións.

Nas convocatorias correspondentes a un mesmo curso académico, se conservan as cualificacións obtidas polo alumnado. Será necesario repetir as metodoloxías necesarias para conseguir os tres criterios anteriormente mencionados. 

Os traballos para ser avaliados deben ser entregados estrictamente nas datas determinadas pola profesora, que serán comunicadas xunto coa proposta dos mesmos.

A entrega dos traballos será en formato papel, a excepción daqueles casos nos que se especifique o contrario. Cando o traballo non se entregue persoalmente á profesora, debe adxuntarse unha copia por correo electrónico simultáneamente a súa entrega no caixa de correos da facultade.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000