Resolución de problemas |
Traballo individual e grupal de resolución de tarefas. A profesora presenta e exemplifica a tarefa e o alumnado resolve e expón dubidas. En base a un suposto práctico no cal especificase un contexto, colectivo, e duración dunha actividade, o alumnado realizará un fragmento da programación, especificando os seguintes elementos:
- Formulación de obxectivos. A corrección realizarase na aula ou titoría.
- Elaboración dunha matriz abstracta de contidos que desenvolverían para ese caso. A corrección realizarase na aula ou titoría.
- Formulación de contidos psicopedagóxica para o suposto plantexado. A corrección realizarase na aula ou titoría.
- Deseño de tarefas adecuadas ao suposto.
Explicitación de tarefas. En base a unha serie de criterios explicitados pola profesora –obxectivos, contidos, colectivo, método, etc.– explicitar con corrección tarefas didácticas. A corrección realizarase na aula ou titoría.
- Elaboración dunha progresión de tarefas para a aprendizaxe dunha habilidade motriz. En base a unha serie de criterios explicitados pola profesora –obxectivos, contidos, características alumnos/as, método, etc.– explicitar con corrección as tarefas didácticas axeitadas para a aprendizaxe da habilidade especificada. Utilizaranse como criterios para realizala progresión os canais perceptivo, decisional ou execucional. A corrección realizarase na aula ou titoría. |
Titoría en grupo |
O alumnado presenta o desenvolvemento do seu traballo tutelado nun mínimo de dúas titorías grupais. |
Prácticas de laboratorio |
Nas aulas de laboratorio experimentaranse as tarefas motrices propostas e a realización dunha intervención docente. Participación nun microensino. Os métodos desenvolvidos serán mando directo, asignación de tarefas, ensino recíproco-pequenos grupos, ensino modular, resolución de problemas, descubrimento guiado e grupais participativas (para a reflexión-análise do final da sesión). |