Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Didáctica dos procesos de ensino-aprendizaxe na actividade física e o deporte I
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Resolución de problemas e/ou exercicios Traballo individual e grupal de resolución de tarefas. A profesora presenta e exemplifica a tarefa e o alumnado resolve e plantexa dubidas. En base a un suposto práctico no cal se especifica un contexto, colectivo, e duración dunha actividade, o alumnado realizará un fragmento da programación, especificando os seguintes elementos:
- Formulación de obxectivos. A corrección realizarase na aula ou titoría.
- Elaboración dunha matriz abstracta de contidos que desenvolverían para ese caso. A corrección realizarase na aula ou titoría.
- Formulación de contidos psicopedagóxica para o suposto plantexado. A corrección realizarase na aula ou titoría.
- Deseño de tarefas adecuadas ao supuesto.

Explicitación de tarefas. En base a unha serie de criterios explicitados pola profesora –obxectivos, contidos, colectivo, método, etc.– explicitar con corrección tarefas didácticas. A corrección realizarase na aula ou titoría.
- Elaboración dunha progresión de tarefas para a aprendizaxe dunha habilidade motriz. En base a unha serie de criterios explicitados pola profesora –obxectivos, contidos, características alumnos/as, método, etc.– explicitar con corrección as tarefas didácticas axeitadas para a aprendizaxe da habilidade especificada. Utilizaranse como criterios para realiza-la progresión os canais perceptivo, decisional ou execucional. A corrección realizarase na aula ou titoría.
Sesión maxistral Clases Maxistrais nas que se explican os fundamentos teóricos. O alumnado asimila e toma apuntes. Plantexa dubidas e cuestións complementarias.
Traballos tutelados - Deseño e desenvolvemento dunha intervención didáctica a través da actividade física e o deporte. Aplicación de microensinanza. Cada grupo de tres persoas (ou dúas, se así o indica a profesora) desenvolverá unha sesión según as características básicas determinadas na opción que lle sexa asignada. En cada unha delas abórdase específicamente un método didáctico. Tomando como base ese elemento didáctico o grupo deberá deseña-lo resto de elementos didácticos para constitui-la súa sesión. Esta sesión deberá ser impartida aos seus compañeiros e compañeiras nas aulas prácticas. É obrigación do alumnado manterse informado das posibles modificacións no calendario de prácticas. É obrigatorio realizar un mínimo de dúas titorías antes da realización da sesión. Unha delas será en hora de clase.
Prácticas de laboratorio Nas aulas de laboratorio se experimentarán as tarefas motrices propostas e a realización dunha intervención docente. Participación nunha microensinanza. Os métodos desenvolvidos serán mando directo, asignación de tarefas, microensinanza, ensino recíproco-pequenos grupos, ensino modular, resolución de problemas, descubrimiento guiado e grupais participativas (para as reflexións-análise do final da sesión).
Titoría en grupo O alumnado presenta o desenvolvemento do seu traballo tutelado nun mínimo de tres titorías grupais.
Actividades introdutorias - Explicación do funcionamiento da asignatura: Faitic, titorías, avaliación, etc.
- Avaliación informal de coñecementos previos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000