Educational guide 2018_19
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Fundamentos dos deportes ximnásticos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio A avaliación farase de forma continua mediante o control de asistencia do alumnado. Desenvolvemento e posta en práctica dunha progresión metodolóxica dos elementos ximnásticos traballados ao longo das sesións.

Una evaluación de este apartado se llevará a cabo por las personas que no asistan al 80 de dichas prácticas. Será esencial para hacer media con las otras partes evaluadas. B10
B12
B15
B16
B20
B24
Resolución de problemas de forma autónoma Elaboración dunha coreografía final, presentación e exposición das sesións traballadas na práctica. 15 B13
B24
B25
Probas de resposta curta Recompilación dos coñecementos adquiridos relacionados cos contidos teórico-prácticos da materia. 40 B10
B14
B15
Exame de preguntas obxectivas Recompilación dos coñecementos adquiridos relacionados cos contidos teórico-prácticos da materia. 10 B10
B14
Práctica de laboratorio - Realización dunha coreografía de forma grupal.
- Execución técnica dos elementos ximnásticos traballados nas sesións prácticas.
20 B18
B20
B25
Traballo Traballo en grupo sobre un elemento ximnástico asignado. 15 B10
B12
B13
B14
B25
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación tentará recoller e valorar todos aqueles aspectos relacionados co alumnado respecto ao campo
conceptual, procedimental, actitudinal e relacional. Está deseñada en función das seguintes características: formativa,
continua, integral e final. Por tanto, afecta a todo o proceso de ensino-aprendizaxe.


A CUALIFICACIÓN FINAL

da materia resultará da integración das distintas notas das actividades realizadas tanto
nos contidos de Habilidades Rítmico-Expresivas como nos contidos de Habilidades Ximnástico-Acrobáticas.
Deberán ter superadas todas as partes para obter unha cualificación positiva. Os alumnos/as que non realicen todas as
actividades de avaliación, obterán a cualificación final de suspenso, aínda que algunhas actividades estean aprobadas. Se o
alumno/a realiza só algunhas das actividades do curso terán a cualificación de suspenso, xa que se realiza unha
avaliación continua de todas as actividades propostas. Cando o alumno necesite de máis dunha convocatoria para superar a materia, gardaranse notas parciais durante a
segunda convocatoria; é dicir, na convocatoria extraordinaria de xullo manteranse aquelas notas parciais que o
alumnado teña superadas, e só se presentarán a aquelas que non superaron.
Para as demais convocatorias, o alumno/a deberá concorrer da mesma maneira a unha proba escrita de pregunta curta, tipo
test ou de desenvolvemento e dunha proba practica de execución e metolóxica dos contidos traballados para superar a materia. Igualmente deberá presentar o traballo co seu soporte audiovisual do elemento ximnástico asignado pola profesora e elaborado segundo o desenvolvemento dos contidos traballados durante o curso. A revisión de exames será no despacho das profesoras unha vez concluída a corrección. 


OBSERVACIÓNS:
A PARTICIPACIÓN ACTIVA DO ALUMNADO NAS SESIÓNS PRESENCIAIS É UN FACTOR QUE DETERMINA O PROCESO DE AVALIACIÓN. A asistencia ás sesións prácticas será OBRIGATORIA (80% das horas totais da materia, non sesións) Aplicarase de forma individualiza a cada un dos 2 Bloques da materia (Bloque Rítmico-Expresiva e Bloque Ximnástico-Acrobática). Os alumnos que participen activamente, como mínimo, ao 70% das sesións deben obter o 50% da máxima
puntuación posible na proba teórica e nas probas prácticas para consideralas superadas.
O alumnado que NON participe activamente (meros observadores), como mínimo, no 70% das sesións, deben obter o
65% da máxima puntuación posible na proba teórica e nas probas prácticas para consideralas superadas. Este aspecto é tido en conta igualmente para os que non asisten ao mínimo esixido das sesións prácticas. O alumnado discapacitado para a práctica motriz, poderá solicitar a adaptación das tarefas motrices a realizar nas sesións e nas probas de avaliación, no grao que as competencias da materia o permitan. Aos incapacitados temporalmente para a práctica deportiva, a avaliación das probas prácticas de execución ximnástica realizaráselle cando a súa incapacidade temporal permítallo.

BLOQUE: HABILIDADES XIMNÁSTICO-ACROBÁTICAS. A falta de asistencia a máis de dúas prácticas de laboratorio deste bloque (independentemente da súa xustificación), supón ademais a realización dun
exame práctico de ensino metodolóxico dos elementos acrobáticos aos que non se asistiu. 
BLOQUE: HABILIDADES RÍTMICO-EXPRESIVAS. Debido ao carácter de avaliación continua, a NON asistencia ás sesións prácticas non dará dereito a realizar a
coreografía en grupo, só de forma individual.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000