Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Fundamentos dos deportes ximnásticos
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral As sesións maxistrais utilizaranse para a explicación dos contidos teóricos e aclaración dos contidos prácticos da materia. Constitúe unha actividade presencial na aula si non existisen medidas de continxencia pola pandemia ou non presencial por videoconferencia mediante a utilización de medios persoais e audiovisuais. En caso necesario realizaranse con todo o grupo de maneira non presencial a través do campus Remoto.
Prácticas de laboratorio Vivenciación dos contidos teórico-prácticos guiados polo profesorado, onde se terá en conta os procesos metodolóxicos de ensino-aprendizaxe, facendo especial fincapé nos aspectos técnicos e de execución dos deportes ximnásticos.
As prácticas teñen como obxectivo traballar formalmente o saber facer (competencia procedimental). Non entanto, é preciso ter en conta que tamén traballan o saber, o saber ser e o saber estar.
Resolución de problemas de forma autónoma - Exporase o desenvolvemento dunha coreografía que terá por referencia as modalidades ximnásticas tratadas no desenvolvemento da materia.
- Traballarán a execución técnica dos elementos ximnásticos durante o proceso metodolóxico de ensino-aprendizaxe levada a cabo na materia.
- Traballarase a avaliación técnica e a composición dos deportes ximnásticos mediante a análise de exercicios en vídeo
Traballo tutelado Os traballos tutelados realizaranse en grupo
Presentación - Execución e exposición da coreografía elaborada en colaboración cos compañeiros. - Execución dun exercicio ximnástico proposto pola profesora. - Exposición con soporte audiovisual dun elemento ximnástico mediante a metodoloxía traballada.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000