Educational guide 2018_19
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Fundamentos dos deportes ximnásticos
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral As sesións maxistrais utilizaranse para a explicación dos contidos teóricos e aclaración dos contidos prácticos da materia. Constitúe unha actividade presencial na aula mediante a utilización de medios persoais e audiovisuais. Realizaranse con todo o grupo.
Prácticas de laboratorio Vivenciación dos contidos teórico-prácticos guiados polo profesorado, onde se terá en conta os procesos metodolóxicos de ensino-aprendizaxe, facendo especial fincapé nos aspectos técnicos e de execución dos deportes ximnásticos.
As prácticas teñen como obxetivo traballar formalmente o saber facer (competencia procedimental). Non entanto, é preciso ter en conta que tamén traballan o saber, o saber ser e o saber estar.
Resolución de problemas de forma autónoma - Exporase o desenvolvemento dunha coreografía que terá por referencia as modalidades ximnásticas tratadas no desenvolvemento da materia.
- Traballarán a execución técnica dos elementos ximnásticos durante o proceso metodolóxico de ensino-aprendizaxe levada a cabo na materia.
Traballo tutelado Os traballos tutelados realizaranse en grupo
Presentación - Execución e exposición da coreografía elaborada en colaboración cos compañeiros.
- Execución dun exercicio ximnástico proposto pola profesora.
- Exposición con soporte audiovisual dun elemento ximnástico mediante a metodoloxía traballada.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000