Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Expresión corporal e danza
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Elaboración dun mapa conceptual dos contidos da materia que se elaborará ao longo do curso e que se defenderá mediante exposición oral ao finalizar os contidos 40 B1
B2
B9
B12
B14
Resolución de problemas Neste apartado valorarase a participación do alumnado en diferentes problemas e exercicios que se expoñan ao longo do curso. Particularmente valorarase a participación no día da danza 20 B13
B15
B25
Traballo Neste apartado valoraremos o proceso de construción coreográfica e o resultado da mesma. Ponderarase neste apartado o proceso cun 80% e o resultado cun 20%. O proceso controlarase coa elaboración, por parte do profesorado, dun diario individualizado de cada grupo, das sesións desenvolvidas para a elaboración da coreografía.
No caso de que o alumnado non participase no 80% das sesións de docencia, non poderá optar pola elaboración da coreografía e deberá realizar unha reflexión crítica dun espectáculo de Expresión Artística ou de Danza seguindo o guión proporcionado polas profesoras
40 B13
B15
B24
B25
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

No caso da resolución de problemas, éstes serán plantexados e desenvoltos durante as sesión de grupo A.

Para superar a materia será preciso superar o 50% de cada un dos apartados nos que se estructura a avaliación. A calificación final será o resultado da suma da calificación obtida en cada apartado.

Cando o estudantado precise de máis dunha edición para superar a materia, as probas superadas manteranse na segunda edición e só terá que concorrer con aquelas que non foran superadas. No caso de edicións posteriores, o estudantado deberá concorrer con todos os apartados da avaliación. É dicir, non se "gardarán" notas parciáis para anos posteriores.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000