Educational guide 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Expresión corporal e danza
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Resolución de problemas A través da plataforma Moovi exporanse diferentes problemas e exercicios que se resolverán de maneira telemática e que serán atendidos a través dun foro de debate aberto paralelamente á formulación ben do problema, ben dos exercicios.
Traballo tutelado Ao longo da materia, o alumnado realizará un mapa conceptual que terá como apoio dous tipos de accións: por unha banda sesións específicas nas que as profesoras darán feedback sobre o proceso de construción do mesmo, e que serán de carácter presencial. Doutra banda, 1 tutoría específica ao mes na que en grupos reducidos tratarase o mapa conceptual. De non poder ser de maneira presencial, realizaránse tutorías virtuais a traves da plataforma campus remoto
Resolución de problemas de forma autónoma O alumnado realizará labores de documentación para o mapa conceptual e para o libreto da representación coreográfica. En todo momento o apoio realizarase, ben vía presencial (tutorías), ben vía virtual (Moovi e Campus Virtual). De non poder ser de maneira presencial, realizaránse tutorías virtuais a traves da plataforma campus remoto
Probas Descrición
Resolución de problemas e/ou exercicios A través da plataforma Moovi exporanse diferentes problemas e exercicios que se resolverán de maneira telemática e que serán atendidos a través dun foro de debate aberto paralelamente á formulación ben do problema, ben dos exercicios.
Traballo Á hora de elaborar a coreografía o alumnado disporá durante as sesións prácticas, das dúas profesoras da materia para poder preguntar, valorar e discutir o traballo realizado. Así mesmo, durante as titorías dese período, a temática relacionada coas coreografías prácticas terá preferencia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000