Educational guide 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Fisioloxía: Fisioloxía do exercicio II
   Plan de Continxencias
 
Descrición
En caso de circunstancias excepcionais que impidan a asistencia presencial ás clases, terase en conta a modalidade activada (presencial, mixta ou non presencial) e faranse as seguintes adaptacións:

- Para a Docencia mixta: o profesor/a estará na aula de clase, xunto co grupo de alumnos/as, segundo o aforamento permitido. O resto do alumnado seguirá a clase polo campus remoto. Estableceranse grupos de alumnado para a asistencia ás clases. No caso das clases prácticas, a previsión é que todo o alumnado poida asistir ás sesións. No caso de non ser posible manter a distancia de seguridade, débense establecer as medidas de protección persoal necesarias. A Resolución Reitoral correspondente, indicará para o curso 2021-22 o tipo ou tipos de modalidade, coas que se comenzará ese curso.

- Para a Docencia non presencial: nin o profesor/a nin o alumnado asistirán ás aulas. As clases levarán a cabo polo campus remoto. Chegado o caso, activaríase esta modalidade mediante Resolución Reitoral.

- Adaptacións Metodolóxicas: Fomentarase o uso de material audiovisual alternativo (gravacións, audio-vídeos, páxinas web, blogs, etc.) e fomentaranse actividades en liña participativas e interactivas promovendo o traballo grupal e individual sobre distintos temas da materia, mediante a realización de foros, debates, etc.
Empregaremos a plataforma FAITIC, para os fins descritos no apartado anterior, en caso de non poder impartir as clases de forma presencial.

- Clases prácticas: No caso de que se active a modalidade non presencial, mediante Resolución Reitoral, as clases prácticas desenvolveranse on-line. O profesor/a establecerá o contido e as prácticas a realizar, de acordo coa guía docente, para despois realizar a súa revisión on-line, mediante a utilización do campus remoto e FAITIC, de forma grupal e/ou individual.

- Atención ao alumnado: Habilitarase o despacho virtual (1055), e o correo electrónico: jlsoidan@uvigo.es , para contactar co profesor. Utilizaranse ademais todos os medios dispoñibles (chats, foros, aulas virtuais, plataforma Moodle, etc.) para atender a todo o alumnado.

- Avaliación: No caso de non poder realizar a avaliación ordinaria prevista na guía docente presencial: (asistencia a prácticas + traballos + exame escrito), avaliarase a materia mediante un exame tipo test que suporá o 70% da cualificación final e a elaboración de traballos para as clases prácticas, que suporán o restante 30%, da cualificación final.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000