Guia docente 2023_24
Facultad de Ciencias de la Educación y del Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Estatística: Metodoloxía da investigación e estatística na actividade física e o deporte
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Avaliación do traballo grupal.

Cada actividade de grupo terá unha nota, que se trasladará aos compoñentes do grupo segundo a súa contribución. Ao final calcularase unha nota media (ponderada, se procede) de
todas as actividades.
20 B2
B11
B12
B13
B25
B26
Resolución de problemas e/ou exercicios Exame final de preguntas curtas e exercicios sobre os conceptos e técnicas expostos e traballados na aula de teoría.

Avalíase a aprendizaxe da metodoloxía sesión maxistral e resolución de problemas e exercicios dos boletíns da aula de teoría.
40 B13
B26
Práctica de laboratorio A avaliación das prácticas de laboratorio realizarase mediante dous exames (20% cada un) que consisten na resolución e interpretación de problemas prácticos de análise estatística de datos coa utilización de software. 40 B2
B12
B13
B26
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Primeira oportunidade.

O alumnado poderá elixir entre un sistema de avaliación continua ou unha avalación global.
Recoméndase a avaliación continua.

1-A avaliación continua está constituída polas seguintes actividades: 
Un exame de teoría, dous exames de computador e un traballo grupal.
Tamén haberá actividades de autoavaliación da teoría (opcionais).

En cada un dos 3 exames será necesaria unha nota mínima de 4 para calcular a media final.

Se algún estudiante non traballa sistemáticamente nas actividades de grupo, poderá ser expulsado do mesmo, seguindo un protocolo establecido a principio de curso.

2- A avaliación global está constituída polas seguintes actividades:
Un exame final de teoría (50%) e un exame final de computador (50%).
En cada un dos 2 exames será necesaria unha nota mínima de 5 para calcular a media final.

Segunda oportunidade:

1- Para o alumnado que elexiu a avaliación continua repetirase a mesma estrutura de exames que durante o curso, para que cada estudante recupere a parte que lle corresponda.
A nota do traballo de grupo mantense.

2- A avaliación global está constituída por un exame final de teoría (50%) e un exame final de computador (50%).
En cada un dos 2 exames será necesaria unha nota mínima de 5 para calcular a media final.

Dun curso para outro, non se gardarán exames superados ou partes da materia.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000