Educational guide 2018_19
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Estatística: Metodoloxía da investigación e estatística na actividade física e o deporte
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas autónomas a través de TIC Avaliación do traballo grupal.
Cada actividade de grupo terá unha nota. Ao final calcularase unha nota media (ponderada, se procede) de todas as actividades.
20 B2
B12
B13
B25
B26
Probas de resposta curta Exame de preguntas curtas e exercicios sobre os conceptos e técnicas expostos e discutidos nas clases, prácticas e actividades de grupo.

Avalíase a aprendizaxe da metodoloxía sesión maxistral e resolución de problemas e exercicios tutelados.
40 B13
B26
Práctica de laboratorio Os exames de computador serán, tentativamente, 2 e realizaranse na aula de informática:

1. Análise de datos (descritivo): temas 2 e 3.

2. Análise de datos (inferencia) e dun artigo de investigación: temas 1,4 e 5.

Avalíase a aprendizaxe das prácticas de laboratorio e o adquirido nos traballos de grupo.
40 B2
B12
B13
B26
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

En cada un dos exames é necesario ter unha nota mínima de 4 sobre 10 para poder compensalos na nota final.
Para aprobar a materia hai que ter todos os exames compensables e alcanzar unha nota final maior ou igual que 5.

Se algún alumno non traballa sistematicamente nas actividades de grupo, poderá ser expulsado do mesmo.

Na segunda convocatoria repetirase a mesma estrutura de exames que durante o curso, para que cada alumno recupere a parte que lle corresponda.
As actividades de grupo non serán recuperables.

Dun curso para outro, e sempre que os profesores encargados da materia do seguinte curso estean de acordo, poderanse gardar as notas seguintes:
- A nota do exame escrito, se dita nota é maior ou igual que 5.
- A nota da parte práctica (actividades e exames de computador): se a media dos exames prácticos é maior ou igual que 5, sendo ambos os compensables (polo menos 4).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000