Prácticas en aulas de informática |
Avaliaranse mediante as probas prácticas co computador. |
0 |
Probas de resposta curta |
Exame de preguntas curtas sobre os conceptos e técnicas expostos e discutidos nas clases, prácticas e actividades de grupo. |
40 |
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. |
Os exames de computador serán, tentativamente, 2 e realizaranse na aula de informática:
1. Análise de datos (descritivo): temas 2 e 3.
2. Análise de datos (inferencia) e dun artigo de investigación: temas 1,4 e 5. |
40 |
En cada un dos exames é necesario ter unha nota mínima de 4 sobre 10 para poder compensalos na nota final. Para aprobar a materia hai que ter todos os exames compensables e alcanzar unha nota final maior ou igual que 5. Se algún alumno non traballa sistematicamente nas actividades de grupo, poderá ser expulsado do mesmo. Na segunda convocatoria repetirase a mesma estrutura de exames que durante o curso, para que cada alumno recupere a parte que lle corresponda. As actividades de grupo non serán recuperables.
Dun curso para outro, e sempre que os profesores encargados da materia do seguinte curso estean de acordo, poderanse gardar as notas seguintes: - A nota do exame escrito, se dita nota é maior ou igual que 5. - A nota da parte práctica (actividades e exames de computador): se a media dos exames prácticos é maior ou igual que 5, sendo ambos exames compensables (polo menos 4). |