Guia docente 2023_24
Facultad de Ciencias de la Educación y del Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Estatística: Metodoloxía da investigación e estatística na actividade física e o deporte
   Contidos
Tema Subtema
Tema 1. Método de investigación científica na actividade física e o deporte. Pasos e elementos do proceso de investigación. Subtema: Introdución á investigación en actividade
física e deporte
1.1 A ciencia e o método científico de resolución de problemas.
1.2 Partes dun artigo de investigación.
1.3 Tipos de investigación: analítica, descritiva, experimental, cualitativa.
1.4 Fiabilidade e validez dunha investigación científica.
Tema 2. Análise de datos e estatística aplicada. Subtema: Introdución á Estatística. Análise
descritiva unidimensional.
2.1 Definición de Estatística e a súa relación coa investigación científica.
2.2 Conceptos básicos de mostraxe e descrición de datos.
2.3 Táboas de frecuencias e representacións gráficas.
2.4 Medidas de posición, dispersión e forma.

Subtema: Análise descritiva bidimensional.
3.1 Táboas de continxencia, gráficas e medidas de asociación para atributos.
3.2 Comparación descritiva dunha variable numérica en dúas ou máis grupos.
3.3 Covarianza e correlación lineal.
3.4 Regresión lineal simple.

Subtema: Introdución á Inferencia Estatística e
modelos de probabilidade.
4.1. Introdución á Inferencia Estatística.
4.2. Necesidade da probabilidade e as variables aleatorias: conceptos básicos.
4.3. A distribución Normal. Aplicacións.
4.4. Estimadores: media e proporción mostrais.
4.5. Cálculo do tamaño da mostra.
4.6. Intervalos de confianza para a media e proporción.

Subtema: Contrastes de Hipóteses
5.1 Definición e metodoloxía clásica dun contraste: tipos de hipóteses, erros asociados ao contraste, nivel de significación, rexión de rexeitamento.
5.2 Nivel crítico ou p-valor.
5.3 Enunciado de hipótese e interpretación dos principais contrastes: de normalidade, chi-cadrado de independencia, proba t de comparación de medias, de incorrelación.
Tema 3. Introdución á informática aplicada á estatística. Subtema: Análise de datos reais con Calc e R Commander.
6.1 Análise descritiva unidimensional.
6.2 Análise descritiva bidimensional.
6.3 Contrastes de hipóteses e Intervalos de confianza.


Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000