Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Estatística: Metodoloxía da investigación e estatística na actividade física e o deporte
   Resultados previstos na materia
Resultados previstos na materia Resultados de Formación e Aprendizaxe
Comprender a literatura científica do ámbito da actividade física e o deporte, no relativo aos métodos estatísticos de investigación que frecuentemente aparecen na mesma. B2
Saber aplicar as tecnoloxías da información e comunicación (TIC) ao ámbito das Ciencias da Actividade Física e do Deporte e especificamente manexar software estatístico e recursos de Internet. B12
Desenvolver habilidades de traballo en equipo, incidindo no compromiso co traballo de grupo e a relacion interpersoal sen aproveitarse do traballo dos compañeiros. B25
Desenvolver habilidades para a adaptación a novas situacións, á resolución de problemas e á aprendizaxe autónoma. B26
Desenvolver hábitos de excelencia e calidade no exercicio profesional. B13
Coñecer e actuar dentro dos principios éticos necesarios para o correcto exercicio profesional, incidindo no relativo á obtención de datos, o segredo estatístico e a non manipulación de resultados. B11
Fomentar a sensibilidade cara aos valores propios do pensamento científico: o cuestionamiento das ideas intuitivas, a análise crítica das observacións, a necesidade de verificación, a capacidade de análise e síntese, a argumentación e toma de decisións desde criterios racionais. B2
B13
B26
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000