Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Educación: Epistemoloxía das ciencias da actividade física, o deporte e a educación física
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral - Exposición oral con apoio audiovisual dos contidos conceptuais.
Resolución de problemas - Traballo sobre os contidos dirixido polo profesor/a. Técnicas grupais participativas.
Traballo tutelado - Elaboración dun traballo académico. Delimitación dun tema, contextualización, búsqueda de recursos empregando bases de datos, e redacción do traballo. Aplicación do manual de estilo APA. Soporte web.
Estudo de casos - Análise e lectura comprensiva de documentación académica e científica.
- Recopilación e análise do coñecemento común en torno a actividade física e o deporte a través de diferentes soportes.
- Análises sistémicas do campo profesional.
- Análises sistémicas da configuración académica do grao.
Debate - Discusión programada sobre situacións vencelladas á delimitación científica e disciplinar das Ciencias da Actividade Física e do Deporte.
- Discusión programada sobre situacións terminolóxicas e identidade epistemolóxica.
- Crítica de noticias vencelladas con problemáticas epistemolóxicas das Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000