Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Fundamentos da motricidade
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Exame tipo test e/ou pregunta curta 50
Resolución de problemas Avaliarase o traballo entregado pola/o estudante sobre os exercicios propostos. Valorarase a calidade, a coherencia, os aspectos formais, etc. Este apartado formará parte da avaliación dependendo da marcha do curso, podendo chegar a valer ata un 10% da nota final, o que faría que o exame valese un 40% se a docente decide aplicar este criterio de avaliación. 0
Traballo tutelado Avaliaranse os traballos realizados mediante unha ficha de avaliación. Valoraranse distintos aspectos dependendo do traballo en cuestión, como a participación, a calidade de traballo, a progresión, etc. 40
Prácticas de laboratorio Participación activa nas clases prácticas avaliada mediante unha ficha de control 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar a materia en primeira convocatoria e de maneira continua, o alumnado ha de aprobar a parte práctica (50%) tal e como se describiu no apartado de probas (traballos de aula e prácticas de laboratorio). Tamén se someterá a un exame da parte teórica (50%) o día oficial do exame. É imprescindible aprobar ambas as partes, teórica e práctica, para superar a materia. En Resolución de problemas e/ou exercicios:

Avaliarase o traballo entregado pola/o estudante sobre os exercicios propostos. Valorarase a calidade, a coherencia, os aspectos formais, etc. Este apartado formará parte da avaliación dependendo da marcha do curso, podendo chegar a valer ata un 10% da nota final.

Quen non cumpra cos requisitos da práctica de forma continua, presentarase a unha avaliación consistente en:

a) exame sobre a parte teórica da materia: 5 puntos

b) exame sobre a parte práctica da materia: 5 puntos. É imprescindible aprobar tanto o apartado a) como o b) para superar a materia.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000