Educational guide 2018_19
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Fundamentos da motricidade
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Exame tipo test e/ou pregunta curta 50 B2
B8
Resolución de problemas Avaliarase o traballo entregado pola/o estudante sobre os exercicios propostos. Valorarase a calidade, a coherencia, os aspectos formais, etc. Este apartado formará parte da avaliación dependendo da marcha do curso, podendo chegar a valer ata un 10% da nota final, o que faría que o exame valese un 40% se a docente decide aplicar este criterio de avaliación. 0 B11
B12
B13
B15
B25
B26
Traballos de aula Avaliaranse os traballos realizados mediante unha ficha de avaliación. Valoraranse distintos aspectos dependendo do traballo en cuestión, como a participación, a calidade de traballo, a progresión, etc. 40 B2
B8
B11
B12
B13
B15
B25
B26
Prácticas de laboratorio Participación activa nas clases prácticas avaliada mediante unha ficha de control 10 B2
B8
B11
B13
B15
B25
B26
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar a materia en primeira convocatoria e de maneira continua, o alumnado ha de aprobar a parte práctica (50%) tal e como se describiu no apartado de probas (traballos de aula e prácticas de laboratorio). Tamén se someterá a un exame da parte teórica (50%) o día oficial do exame. É imprescindible aprobar ambas as partes, teórica e práctica, para superar a materia. En Resolución de problemas e/ou exercicios:

Avaliarase o traballo entregado pola/o estudante sobre os exercicios propostos. Valorarase a calidade, a coherencia, os aspectos formais, etc. Este apartado formará parte da avaliación dependendo da marcha do curso, podendo chegar a valer ata un 10% da nota final, o que faría que o exame (tipo test e/ou pregunta curta) valese un 40% se a docente decide aplicar este criterio de avaliación.

Quen non cumpra cos requisitos da práctica de forma continua, presentarase a segunda edición a unha avaliación consistente en:

a) exame sobre a parte teórica da materia: 5 puntos

b) exame sobre a parte práctica da materia: 5 puntos. É imprescindible aprobar tanto o apartado a) como o b) para superar a materia.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000