Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Fundamentos da motricidade
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
As metodoloxías serán as mesmas nos tres escenarios. En calquera caso, a única diferenza será o espazo ou soporte empregado para cada actividade. No posible escenario de ensinanza non presencial ou a distancia, as metodoloxías adaptaranse a unha modalidade de excución virtual a través do Campus Remoto e a plataforma de teledocencia Faitic. No escenario de docencia mixta ou sempresencial, as metodoloxías levaranse a cabo de modo presencial e virtual.

* Metodoloxías docentes que se modifican
As modificacións das metodoloxías docentes tan so atinxen a súa modalidade de excución tal e coma se indica no apartado anterior.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
Nos posibles escenarios de docencia semipresencial ou non presencial as sesións de titorización poderán realizarse no despacho virtual do Campus Remoto, baixo concertación previa e no horario que se estableza.

* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir
Non hai modificación dos contidos a impartir.

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
A bibliografía adicional, ao tratarse de recentes traballos de investigación ou manuais de referencia actualizados, será proporcionada ao longo do desenvolvemento da materia.

* Outras modificacións
No escenario de docencia semipresencial, a docencia, ademáis de presencial, impartirase docencia virtual mediante o Campus Remoto e manterase o uso da plataforma de teledocencia Faitic como reforzo.

No caso do escenario de docencia a distancia, a actividade docente realizarase exclusivamente de modo virtual no Campus Remoto e Faitic.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
* Probas xa realizadas
Non hai cambios nin nos instrumentos nin nos criterios de avaliación establecidos na guía docente ordinaria.

* Probas pendentes que se manteñen
Todas as probas propostas na guía docente para as vindeiras convocatorias, mantéñense en calquera das tres modalidades de ensinanza previstas: presencial, mixta e a distancia Os criterios de avaliación, así como a súa ponderación sobre a nota final, se manteñen. Os procedementos ou tipoloxía de probas de avaliación, tampouco se modifican no seu contido, pero si no seu modo de execución, no caso dos dous potenciais escenarios docentes extraordinarios previstos. Así, no caso de estar nunha situación de ensinanza mixta ou semipresencial, as probas de avaliación poderán ser organizadas de modo presencial, dependendo das instalacións e medios dispoñibles. Se non fose posible facelas presencialmente, combinaríase a modalidade presencial coa virtual ou realizaríanse exclusivamente de forma virtual.
Se a situación é de ensinanza a distancia, todas as probas de avaliación realizaranse de modo virtual.

* Probas que se modifican
Non hai modificacións das probas de avaliación, agás no referido á modalidade de avaliación: presencial ou virtual dependendo do escenario sanitario.

* Novas probas
Non se prevén novas probas de avaliación.

* Información adicional
Non hai.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000