Educational guide 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Anatomía humana: Anatomía e kinesioloxía humana
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio É obrigatorio asistir polo menos ao 80% das prácticas para poder obter unha avaliación positiva na materia.

Si non se asistiu a algunha práctica, non se poderá entregar o exercicio ou "resolución de problemas" solicitado na mesma salvo que o profesorado autorice a entrega previamente á realizaciión dunha solicitude por escrito (por correo electrónico é válido), xustificando os motivos da súa ausencia e solicitando a aurtorización para a entrega do número da práctica correspondente. O profesorado debe resolver tamén por escrito negativa ou favorablemente.

Se non se alcanza o 80% de asistencia o estudante perde totalmente a posiblidade de ser avaliado mediante metodoloxía / proba de "resolución de problemas" (seguinte apartado) e deberá realizar un exame práctico cuxo valor será o equivalente ao apartado de "resolución de problemas" (50%) e que avaliará as competencias vinculadas á práctica que non se adquiriron pola non asistencia. Devandito exame práctico debe superarse cun 5 sobre 10.

0
Resolución de problemas É obrigatorio realizar e entregar en tempo e forma TODOS E CADA UN DOS EXERCICIOS / PROBLEMAS / PRÁCTICAS propostos nas clases teóricas e prácticas.

Si non se asistiu a algunha práctica, non se poderá entregar o exercicio ou "resolución de problemas" solicitado na mesma salvo que o profesorado autorice a entrega previamente á realizaciión dunha solicitude por escrito (por correo electrónico é válido), xustificando os motivos da súa ausencia e solicitando a aurtorización para a entrega do número da práctica correspondente. O profesorado debe resolver tamén por escrito negativa ou favorablemente.

O profesorado determinará os criterios de calidade e fará pública a nota mínima de cada exercicio para a súa superación e cómputo na nota final.

A non entrega dun ou máis exercicios en tempo e forma, ou non alcanzar a nota mínima nun ou máis exercicios, suporá a non superación deste apartado que deberá recuperarse na seguinte edición.
50
Exame de preguntas obxectivas Realizarase un exame escrito mediante cuestionario. O tipo de preguntas e respostas, así como a cantidade e penalización por resposta errónea, serán anunciados polo profesorado con antelación.

No exame deberá obterse unha puntuación mínima de 5 (Escala de 0-10) para a súa superación.
50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

OUTROS COMENTARIOS:

  1. Todo o alumnado asista ou non ás aulas, ten dereito a ser avaliado (mediante exame ou según estableza a guía docente).
  2. As datas oficiais dos exámenes pódense consultar na web da facultade
  3. De non ter superada a materia na primeira edición ou convocatoria, as competencias non adquiridas serán avaliadas na 2ª edición ou convocatoria.

2* A 2ª EDICIÓN Ou CONVOCATORIA (XUÑO-XULLO)

  1. Nesta convocatoria ou edición manteranse os mesmos criterios que na 1ª edición ou convocatoria.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000