Educational guide 2018_19
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Anatomía humana: Anatomía e kinesioloxía humana
   Competencias
Código Descrición
B2 Coñecemento e comprensión da literatura científica do ámbito da actividade física e o deporte.
B3 Coñecemento e compresión dos factores fisiolóxicos e biomecánicos que condicionan a práctica da actividade física e o deporte.
B7 Coñecemento e comprensión dos fundamentos, estruturas e funcións das habilidades e patróns da motricidade humana.
B8 Coñecemento e comprensión da estrutura, función e desenvolvemento das diferentes manifestacións da motricidade humana.
B11 Coñecemento e comprensión dos principios éticos necesarios para o correcto exercicio profesional.
B13 Hábitos de excelencia e calidade no exercicio profesional.
B14 Manexo da información científica básica aplicada á actividade física e ao deporte nas súas diferentes manifestacións.
B18 Capacidade para aplicar os principios fisiolóxicos, biomecánicos, comportamentales e sociais, aos diferentes campos da actividade física e o deporte.
B20 Capacidade para identificar os riscos que se derivan para a saúde da práctica de actividades físicas inadecuadas.
B23 Capacidade para seleccionar e saber utilizar o material e equipamento deportivo axeitado para cada tipo de actividade.
B26 Adaptación a novas situacións, a resolución de problemas e a aprendizaxe autónoma.
C3 Capacidade para aplicar os principios fisiolóxicos, biomecánicos, comportamentais e sociais, na proposta de tarefas nos procesos de ensino-aprendizaxe a través da actividade física e o deporte
C4 Capacidade para identificar os riscos que se derivan para a saúde dos escolares debido á práctica de actividades físicas inadecuadas
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000