Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Fisioloxía: Fisioloxía do exercicio I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio O estudante presenta o resultado obtido na elaboración dun documento sobre a temática da materia.
Elaboración dun documento por parte do alumno no que se reflicten as características do traballo levado a cabo.
Os alumnos deben describir as
tarefas e procedementos desenvolvidos, mostrar os resultados obtidos ou
observacións realizadas, así como a análise e tratamento de datos.
20
Lección maxistral Probas para a avaliación das competencias adquiridas, que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos, etc.). Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades. 80
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A realización das prácticas é obrigatoria e aprobalas é un requisito para aprobar a materia.

A avaliación da teoría será mediante un exame escrito, principalmente preguntas tipo test, aínda que tamén poderá conter preguntas de resposta curta ou preguntas de desenvolvemento dun tema. No caso de dividir a materia en parciais será necesario obter unha puntuación de 5 sobre 10, en cada un dos dous parciais da materia para poder aprobala.

Na segunda e seguintes convocatorias, se gardará a nota das prácticas, no caso de que estas estivesen aprobadas e, na parte teórica manteranse os mesmos criterios que na primeira convocatoria.

Todo o alumnado, asista ou non ás aulas, ten dereito a ser avaliado, mediante un examen teórico-práctico nas datas oficiais de examen (http://fcced.uvigo.es/gl/docencia/exames)

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000