Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Fisioloxía: Fisioloxía do exercicio I
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Prácticas de laboratorio Aplicación práctica dos temas estudados a nivel teórico. Realizaranse diversas prácticas en grupo, para unha maior fixación dos conceptos relacionados co sistema nervioso, a contracción muscular, as vías metabólicas e o control hormonal do exercicio, así como distintas probas de valoración do exercicio.
As prácticas de simulación de procesos fisiolóxicos realizaranse na aula de informática.
As prácticas e valoración Fisiolóxica do exercicio realízanse no laboratorio de fisioloxía do exercicio, nas pistas de atletismo ou noutras dependencias ou exteriores da Facultade.
Resolución de problemas Formulación, análise, resolución e debate dun problema ou exercicio relacionado cos temas teóricos vistos na aula. E o seu seguimento poderá realizarse a través da plataforma de teledocencia da Universidade.MOOVI: https://moovi.uvigo.gal/login/index.php/
Lección maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000