Educational guide 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Fisioloxía: Fisioloxía do exercicio I
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada polo COVID-19, a Universidade de Vigo establece unha planificación extraordinaria que activarase no momento en que as administracións e a propia institución determíneno atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou parcialmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun modo máis áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
METODOLOXÍAS DOCENTES QUE SE MANTEÑEN
Clase maxistral, no caso de que as clases non poidan impartirse presencialmente na Facultade, impartiranse segundo os medios que dispoña a Universidade como o CAMPUS REMOTO.( Para iso os alumnos necesitarán conexión a Internet, computador ou móbil, cámara, micrófono e altofalante). E sempre nas condicións que se establezan por parte da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte e da Universidade de Vigo mediante resolución reitoral.
METODOLOXÍAS DOCENTES QUE SE MODIFICAN
Prácticas se simulación de procesos fisiolóxicos
Prácticas de valoración fisiolóxica do exercicio
En ambos os casos no que as prácticas non poidan impartirse presencialmente na Facultade, impartiranse segundo os medios que dispoña a Universidade entre eles a plataforma de teledocencia MOOVI: https://moovi.uvigo.gal/login/index.php/ ou aulas do CAMPUS REMOTO (Para iso os alumnos necesitarán conexión a Internet, computador ou móbil, cámara, micrófono e altofalantes). E sempre nas condicións que se establezan por parte da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte e da Universidade de Vigo mediante resolución reitoral.

MECANISMO NON PRESENCIAL DE ATENCIÓN AO ALUMNADO (TITORÍAS)
Atenderase ao alumno ás preguntas e dúbidas expostas durante o desenvolvemento da materia preferiblemente por medios telemáticos, baixo a modalidade de cita previa
Por correo electrónico:
Marta Conde Sieira: mconde@uvigo.es
Federico Mallo Ferrer: fmallo@uvigo.es
Lucas C. González Matías: lucascgm@uvigo.es



Por videoconferencia nos despachos virtuais:
Sala 528- Prof. Marta Conde Sieira
Sala 1494 - Prof. Federico Mallo Ferrer
Sala 1183 - Prof. Lucas Carmelo González Matías

Ou a través da plataforma de teledocencia MOOVI: https://moovi.uvigo.gal/login/index.php/

MODIFICACIÓNS (SI PROCEDEN) DOS CONTIDOS A IMPARTIR
Adaptaranse as prácticas da materia ás circunstancias e á metodoloxía que se poida usar en cada caso, nas condicións que se establezan por parte da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte e da Universidade de Vigo mediante resolución reitoral.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Non se prevé cambios nos porcentaxes de cada metodoloxía. Os exames finais faránse na modalidade que estableza a Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte e da Universidade de Vigo mediante resolución reitoral, en caso de que deban realizarse online, empregaránse as ferramentas do Campus Remoto e plataformas de teledocencia que dispoña a Universidade. No tocante á metodoloxía de prácticas de laboratorio poderase facer un exame adicional dos contidos da devandita metodoloxía .


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000