Educational guide 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Educación: Pedagoxía da educación física e o deporte
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral As sesións maxistrais serán avaliadas mediante unha proba obxectiva que inclúe preguntas directas sobre algún aspecto concreto do temario.
Deste 50% que lle correspondería á cualificación global da parte teórica da materia, un 40% pódese obter a través da proba escrita e o 10% restante podería gardar relación cos procesos de avaliación continua (traballos de aula; preguntas orais, comentarios e participación sobre as explicacións da clase; actividades alternativas ou traballos específicos que faciliten a avaliación ao longo de todo o período lectivo; saída de estudos).
50
Presentación Avaliarase a claridade, profundidade e capacidade expositiva oral coa que se presente o traballo, diante da clase, así como a participación e actitude. 5
Traballo tutelado Traballos monográficos a modo de iniciación á investigación, en grupos reducidos ou a nivel individual, que versarán sobre aspectos relevantes da Pedagoxía da Educación Física e do Deporte. Deberán ter requisitos de calidade académica e serán abordados ao inicio do cuadrimestre pola docente. Avaliarase o contido e a preparación dos materiais pertinentes que aporten calidade á materia, o formato axustado ós estándares científicos, a orixinalidade, a presentación ... 25
Seminario Avaliarase a súa realización/participación/actitude en relación á elaboración do traballo voluntario, por grupos ou a nivel individual, así como a implicación dos distintos membros na realización das tarefas a desenvolver ao longo do curso.
10
Resolución de problemas Traballos sobre contidos específicos que aporten actualidade e reflexión crítica ás temáticas traballadas na aula. Estes traballos deberán ter uns requisitos de calidade académica e serán abordados pola docente ao inicio do curso. 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A cualificación final da materia resultará da integración das distintas notas, debendo ser superadas todas as partes (teoría e prácticas) para poder obter unha cualificación positiva. 

De non ter superada a materia na primeira convocatoria, as competencias non adquiridas serán avaliadas na segunda convocatoria, mediante proba obxectiva e os traballos realizados ao longo do curso.

Tanto a cualificación da proba obxectiva coma a cualificación dos distintos traballos derivados da resolución de problemas, dos traballos de aula e das presentacións, feitos no seu momento durante o curso, seguirán vixentes na segunda convocatoria ou convocatoria extraordinaria.

O alumnado non asistente deberá contactar ao inicio do curso coa docente, para coñecer os prazos de entrega das diferentes actividades e traballos solicitados (similares aos realizados polo alumnado asistente).


Todo o alumando, asistente ou non asistente, ten dereito a ser avaliado (mediante un exame -proba escrita- e a entrega dos traballos prácticos obrigatorios).

As datas oficiais dos exames pódense consultar na Web da Facultade, na seguinte ligazón: www.fcced.uvigo.es/gl

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000