Educational guide 2018_19
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Educación: Pedagoxía da educación física e o deporte
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral As sesións maxistrais serán avaliadas mediante unha proba. Esta proba valorará as competencias adquiridas que inclúen preguntas directas sobre algún aspecto concreto do temario. Os alumnos e alumnas deben responder de maneira directa e breve en función dos coñecementos que teñen sobre a materia. 60 B2
B11
B12
B13
B15
B25
B26
Presentación Avaliarase a claridade, profundidade e capacidade expositiva oral coa que se presente o traballo, diante da clase.
Participación e actitude.
5 B2
B12
B13
B15
B25
B26
Traballos de aula Versarán sobre aspectos relevantes da Pedagoxía da Educación Física e do Deporte. Deberán ter requisitos de calidade académica e serán abordados ao inicio do cuadrimestre polo profesor. Traballos monográficos a modo de iniciación á investigación, en grupos reducidos ou a nivel individual. Avaliarase o contido e a preparación dos materiais pertinentes que aporten calidade á materia, a orixinalidade, presentación ... 17,5 B2
B11
B12
B13
B15
B16
B25
B26
Titoría en grupo Avaliarase a súa realización/participación/actitude en relación á elaboración dos traballos por grupos ou a nivel individual, así como a implicación dos distintos membros na realización das tarefas a desenvolver ao longo do curso.
2,5 B11
B13
B16
B25
B26
Resolución de problemas Trátase de traballos sobre contidos específicos -recensións- que aporten actualidade e reflexión crítica ás temáticas. Estes traballos deberán ter uns requisitos de calidade académica e serán abordados polo profesor ao inicio do curso. 15 B12
B13
B15
B16
B25
B26
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Tanto a cualificación dos traballos derivados da resolución de problemas, como a cualificación dos traballos de aula e as presentacións, feitos no seu momento durante o curso, seguirán vixentes na segunda convocatoria ou convocatoria extraordinaria.

A cualificación final da materia resultará da integración das distintas notas. Deberán ser superadas todas as partes (teoría e prácticas) para poder obter una cualificación positiva.

O alumnado non asistente deberá contactar ao inicio do curso co profesor, para coñecer os prazos de entrega das diferentes actividades e traballos solicitados (similares aos realizados polo alumnado asistente).

Todos os alumnos e alumnas, asistan ou non ás aulas, teñen dereito a ser avaliados (mediante un exame -proba escrita- e a entrega dos traballos prácticos obrigatorios, tal e como se expuxo con anterioridade).

De non ter superada a materia na primeira convocatoria (1ª edición), as competencias non adquiridas serán avaliadas na segunda convocatoria (2ª edición de xullo).

As datas oficiais dos exames pódense consultar na Web da Facultade, na seguinte ligazón: www.fcced.uvigo.es/gl

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000