Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Educación: Pedagoxía da educación física e o deporte
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Presentación Para a súa preparación, realizarase atención personalizada -previa demanda- nas horas de titoría.
Lección maxistral O alumnado ten a posibilidade de presentar as súas dúbidas. A docente, atendendo ás dúbidas, repasará conceptos, proporá novos exemplos ... Así mesmo, o estudantado poderá revisar a cualificación obtida na proba final escrita e demáis traballos que deban presentar, comprobando que ésta se axusta aos criterios de avaliación establecidos na guía docente.
Resolución de problemas Para a súa elaboración, realizarase atención personalizada na aula e a demanda -se procede- nas horas de titoría.
Traballo tutelado Nestas sesións, en grupos reducidos, realizarase un seguimento e resolveranse as dúbidas formuladas polo alumnado, en especial cando sexan comúns ou ilustren un caso interesante, coa finalidade de que o alumnado acade os obxectivos marcados para esta materia.
Seminario Para asesorar, orientar e informar sobre temáticas a desenvolver á hora de realizar os traballos prácticos. Realizarase apoio, seguimento e evolución dos grupos de traballo por parte da docente. Así mesmo, aproveitaranse as titorías individuais para resolver posibles dúbidas relacionadas con aspectos concretos da materia, tanto teóricos como prácticos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000