Educational guide 2018_19
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Educación: Pedagoxía da educación física e o deporte
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Presentación Para a súa preparación, realizarase atención personalizada -previa demanda- nas horas de titoría.
Lección maxistral Os alumnos e alumnas teñen a posibilidade de presentar as súas dúbidas. O profesor atendendo as súas solicitudes, repasará conceptos, proporá novos exemplos ... Así mesmo, os estudantes poderán revisar a cualificación obtida na proba final escrita e demais traballos que deban presentar, comprobando que ésta se axusta aos criterios de avaliación establecidos na guía docente.
Resolución de problemas Para a súa elaboración, realizarase atención personalizada a demandas -se procede- nas horas de titoría.
Traballos de aula Nestas sesións en grupos reducidos, resolveranse de forma individualizada as dúbidas formuladas polo alumnado, en especial cando sexan comúns a varios alumnos e alumnas ou ilustren un caso interesante. Se a cuestión é máis particular ou non queda resolta para algún estudante, trataríase tamén nas horas de titoría (individual ou grupal).
Titoría en grupo Para asesorar, orientar e informar sobre temáticas a desenvolver á hora de realizar os traballos prácticos. Apoio, seguimento e evolución dos grupos de traballo. Así mesmo aproveitaranse as titorías individuais, para resolver posibles dúbidas relacionadas con aspectos concretos da materia, tanto teóricos como prácticos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000