Educational guide 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Educación: Pedagoxía da educación física e o deporte
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral As leccións que conforman o temario desta materia serán elaboradas e presentadas de forma expositiva ao grupo clase. A docente centrará a súa intervención, preferentemente, nos aspectos nucleares de cada tema, procurando ofrecer de xeito condensado a información esencial que posibilite obter unha visión panorámica, delimitando os conceptos, as ideas e os argumentos nel implicados e relacionándoos cos outros temas da guía docente.
Presentación A exposición por parte do alumnado consiste na presentación dun traballo incluido nos contidos. O recurso principal será a linguaxe oral, aínda que tamén pode estar acompañado de texto escrito. Esta presentación expositiva permitirá extraer os puntos máis importantes dunha ampla gama de información.
Traballo tutelado Os traballos monográficos de aula terán como cometido a iniciación á investigación. Serán realizados de xeito individual ou en pequeno grupo, mediante o uso das TICs, documentos proporcionados pola docente, entrevistas ou reunións con profesionais ... A súa finalidade consiste na aplicación práctica de diferentes aspectos que constitúen os contidos da materia.
Seminario Elaboración dun traballo, voluntario, relacionado coas actividades prácticas desta materia, en grupos e seguindo as directrices expostas na plataforma dixital Moovi.
Resolución de problemas O citado traballo final da materia será especificado pola docente ao inicio do curso, unha vez feitas as propostas de varias temáticas relacionadas coa actividade física e deportiva e despois das oportunas orientacións, fontes documentais, bibliográficas e de webgrafía.
Saídas de estudo Realizarase unha saída de estudos relacionada coa temática da materia, que clarificará aspectos teóricos tratados na aula.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000