Educational guide 2018_19
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Educación: Pedagoxía da educación física e o deporte
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral As leccións que conforman o temario desta materia serán elaboradas e presentadas de forma expositiva ao grupo clase, polo profesor. Este centrará a súa intervención preferentemente nos aspectos nucleares de cada unidade didáctica, procurando ofrecer de xeito condensado a información esencial que posibilite obter unha visisón panorámica ou de síntese de cada tema, delimitando os conceptos, as ideas e os argumentos nel implicados e relacionándoos cos outros temas do programa. A súa finalidade vai consistir en lograr unha integración dos módulos de contido e os aspectos estructurais que conforman o corpus cognitivo da materia.
Presentación A exposición por parte do alumnado consiste na presentación dun traballo/tema incluido nos contidos de forma estruturada. O recurso principal será a linguaxe oral, aínda que tamén pode estar acompañado de texto escrito (un PowerPoint). Esta presentación expositiva permitirá extraer os puntos máis importantes dunha ampla gama de información.
Traballos de aula Os traballos monográficos de aula terán como cometido a iniciación á investigación. Serán realizados de xeito individual ou en pequeno grupo, mediante o uso das TICs, documentos proporcionados polo profesor, entrevistas ou reunións con profesionais ... A súa finalidade consiste na aplicación práctica de diferentes aspectos que constitúen os contidos da materia. As cuestións máis particulares que non queden plenamente resoltas para algún estudante, poderíanse tratar en horario de titoría.
Titoría en grupo Relacionada coas actividades prácticas desta materia e a elaboración e/ou exposición voluntaria do traballo final, en grupos e seguindo as directrices expostas na plataforma dixital Faitic. Reunións organizadas e programadas ao respecto.
Resolución de problemas O citado traballo final da materia será especificado polo profesor ao inicio do curso, unha vez feitas as propostas de varias temáticas relacionadas coa actividade física e deportiva e despois das oportunas orientacións, fontes documentais, bibliográficas e de webgrafía.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000