Educational guide 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Educación: Pedagoxía da educación física e o deporte
   Plan de Continxencias
 
Descrición
En función da evolución da pandemia COVID-19, para implementar e avaliar esta materia -tanto na modalidade mixta como na non presencial- empregaríanse ferramentas sincrónicas que fixesen posible o seguimento das clases dun xeito presencial e tamén dende a casa, en función dos medios dos que dispoñamos. Ao respecto, na plataforma dixital Faitic facilitaranse os apuntes que desenvolven os aspectos teóricos básicos; artigos científicos e documentos varios relacionados e lexislación, aos que o estudantado pode ter acceso sen restricións.
En canto ás actividades prácticas da asignatura, polo que atinxe á presentación, a resolución de problemas, o traballo tutelado e o seminario (traballos, recensións, exposicións...) -se fose imposible realizalas presencialmente- o alumnado vai contar con diversos materiais, artigos, vídeos, investigacións e documentos de estudo, na citada plataforma Faitic. Así mesmo aparecerán tamén as orientacións precisas e as normas concretas para o desenvolvemento dos traballos obrigatorios que deben presentar. Desta maneira, o estudantado poderá organizar o seu traballo de forma autónoma.
Ante posibles circunstancias excepcionais, no caso de docencia non presencial, a actividade do profesor desenvolverase a través da Plataforma Campus Remoto, dende o Despacho Virtual 2.110 e da teledocencia Faitic. Fomentaríase así a igualdade de condicións a través das aulas físicas e virtuais, facilitando o acceso sincrónico do alumnado.
Sistemas de cualificación alternativos: segundo se vaia desenvolvendo a mencionada COVID-19 e en caso de producirse novas situacións de estado de alarma, sería posible eliminar o requisito de presencialidade para os exames teóricos, substituíndo estes por unha avaliación continua (traballos específicos / actividades alternativas) e engadindo -se fose necesario- probas a través das vías telemáticas xa citadas. En canto ás prácticas da materia (elaboración de traballos, comentarios e reseñas de carácter obrigatorio) entregaríanse tamén telematicamente (envío en PDF por enderezo electrónico), coordinados a través das titorías non presenciais e sistemas de mediación, expostos xa no apartado de atención personalizada desta Guía docente.
De todos os xeitos, esto poderíase activar ou desactivar en función da evolución da pandemia.
No suposto de docencia mixta ou non presencial, poderíanse gravar as sesións docentes, pensando no alumnado que teña problemas de concectividade ou falta de dispoñibilidade de equipos informáticos ou, incluso, de conciliación da vida familiar, para que poidan acceder a eles de xeito sincrónico. Neste caso faríase constar que a utilización destas hipotéticas gravacións sería exclusivamente para fins docentes, quedando prohibido o seu emprego para outras actividades.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000