Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Educación: Aprendizaxe e control motor na educación física e o deporte
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===

* Metodoloxías docentes que se manteñen:
Seminarios, prácticas de laboratorio, lección maxistral.

* Metodoloxías docentes que se modifican:

Seminarios: relizándose de forma individualizada ou por grupos de maneira telemática.

Prácticas de laboratorio: as prácticas realizaranse con base na visualización de videos ou a grabación de prácticas individuais dos propios alumnos, emprego de aplicación móviles e de ferramentas como Doodle.

Lección maxistral: realizarase mediante o campus remoto ou a gravación das sesións para posterior visualizado.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías):

Realizaranse previa cita na dirección de correo electrónico de calquera dos profesores e nos despachos virtuais de cada un deles.
Alberto Figueira: 915
Antonio Novo: 1767

* Modificacións dos contidos a impartir: Non se modifican.

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe. Non se adxunta.

* Outras modificacións

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===



* Probas que se modifican:
Examen tipo test ou pregunta curta: => peso do 40% da nota. Para poder superar esta parte da avaliación o alumnado terá que acadar unha calificación mínima de 5 sobre 10 puntos neste apartado.

Prácticas de laboratorio: Avaliarase a calidade dos traballos e a participación activa. => Peso do 30% da nota.

Seminario: Avaliarase a calidade dos traballos e a participación activa. => Peso do 30%

* Novas probas

* Información adicional



Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000