| Bloque 1. Identidade visual e marca persoal no contexto da moda |
Imaxe gráfica, identidade visual e marca persoal aplicada ao ámbito da moda. Sistemas gráficos, códigos visuais, aplicacións e soportes de presentación profesional. Desenvolvemento de CV, portfolio dixital e pezas de presentación persoal con criterios de coherencia gráfica, claridade comunicativa e adecuación ao perfil profesional.
|
| Bloque 2. Portfolio, lookbook e formatos de presentación de proxecto |
Concepto, funcións e tipoloxías do portfolio no contexto académico e profesional. Relación entre portfolio, lookbook, editorial, presentación de colección e outros formatos de comunicación visual en moda. Estratexias de selección, organización e narración do traballo propio. |
| Bloque 3. Composición gráfica, tipografía e sistemas reticulares |
Fundamentos de tipografía, xerarquía visual, lexibilidade e edición de textos. Retículas compositivas aplicadas ao CV, ao portfolio dixital e a publicacións editoriais. Relación entre texto, imaxe, ilustración e espazo gráfico. Desenvolvemento de propostas editoriais con distintos enfoques narrativos, conceptuais e visuais. |
| Bloque 4. Maquetación dixital e produción de arquivos |
Traballo de maquetación con software específico. Preparación, revisión e optimización de arquivos para visualización dixital e impresión. Criterios técnicos para a presentación de documentos profesionais en PDF. Adecuación de formatos, pesos, resolucións e sistemas de saída. |
| Bloque 5. Produción gráfica, materiais e acabados |
Produción gráfica aplicada ao portfolio e ás pezas de presentación profesional. Formatos de papel, materiais, acabados, tipos de encadernación e sistemas de impresión. Deseño de publicacións impresas vinculadas ao proceso, ás técnicas de traballo e á comunicación do proxecto de moda. |
| Bloque 6. Comunicación dixital e presentación profesional do portfolio |
Adaptación da identidade persoal e do portfolio a contornas dixitais e redes profesionais. Desenvolvemento de propostas de comunicación para Instagram, LinkedIn ou outros soportes dixitais. Presentación, defensa e argumentación das propostas atendendo á coherencia visual, á calidade formal e á adecuación ao contexto académico e profesional. |