Guia docente 2012_13
Facultade de Belas Artes
Máster Universitario en Arte Contemporánea. Creación e Investigación
 Materias
  Taller de Artista Invitado
   Recomendacións


 
Outros comentarios
O encargado de impartir o TALLER DE ARTISTA INVITADO no curso 2012-2013 no "Mestrado de Arte Contemporánea. Investigación e Creación" é o artista Rubén Ramos Balsa (www.rubenramosbalsa.com) Recen galardoado co V Premio Internacional de Artes Plásticas da Fundación María José Jove 2012, a traxectoria de Ruben Ramos Balsa (Santiago de Compostela, 1978) destaca por ser unha das máis consolidadas no panorama artístico actual. A súa proxección internacional afianzouse coa participación en certames de prestixio internacional como a última edición da Bienal de Singapur (2011) ou o Pabellón de España na 52ª Bienal de Venecia (2007) Licenciado en Bellas Artes na especialidade de escultura, e doutorado na Universidade de Vigo e na Universidade Politécnica de Valencia, o seu traballo foi mostrado de forma individual, entre outros espazos, na Galería Fúcares (Madrid) a Casa dos Coimbras (Braga) o Centro Torrente Ballester (Ferrol) ou a Kuopio Academy of Design and Crafts (Finlandia) así como en numerosas exposicións colectivas, feiras e bienais de arte contemporáneo. Artista da Galería Fúcares (Madrid) vive e traballa entre Santiago de Compostela e Oslo (Noruega)
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000