Guia docente 2023_24
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Xestión, ámbito artístico e mundo profesional
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen:

-Actividades introdutorias
-Lección maxistral
-Presentacións
-Traballos tutelados

* Metodoloxías docentes que se modifican:
Ningunha

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías):
Campus remoto e correo electrónico

* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir:

Os dous primeiros exercizos da materia non sufren ningún cambio por mor dun posible Estado de Crise, agás ser enviados ao profesor de xeito dixital e non ser entregados impresos en papel.

O alumnado debe encarar un 3º e derradeiro execrcizo, valor fundamental na materia e cun valor dun 60% na nota final, que é un proxecto de xestión con base real e pública no contexto social e que debe ser amosado nun espazo alleo á universidade (v.gr.: exhibición nunha sala de exposicións, realización de conferencias, obradoiros, xornadas nun centro público). De non ser posible dito exercizo no espazo público, pasaría a ser exhibido ou desenvolvido exclusivamente na rede e en plataformas dixitais públicas de acceso libre.

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe:

Toda a bibliografía incluída na guía docente está enfocada a auto-aprendizaxe nas horas de traballo autónomo.



=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===

Matéñense as mesmas probas de avaliación e as mesmas porcentaxes


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000