Guia docente 2023_24
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Xestión, ámbito artístico e mundo profesional
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
B1 Capacidade de xestión da información.
B2 Capacidade de comunicación. Capacidade para expoñer oralmente e por escrito con claridade problemas complexos e proxectos dentro do seu campo de estudo
B3 Coñecemento básico da metodoloxía de investigación das fontes, a análise, a interpretación e síntese
B6 Capacidade de traballar en equipo.
B7 Capacidade de integración en grupos multidisciplinares. Capacidade de colaboración con profesionais doutros campos
B10 Capacidade heurística e de especulación para a resolución de problemas, a realización e novos proxectos e estratexias de acción.
B11 Habilidades interpersoais, conciencia das capacidades e dos recursos propios
B12 Capacidade de adaptación a novas situacións.
B15 Sensibilidade a respecto do patrimonio cultural.
C2 Comprensión crítica da evolución dos valores estéticos, históricos, materiais, económicos e conceptuais. Analizar a evolución dos valores da arte desde unha perspectiva socioeconómica e cultural
C3 Comprensión crítica da responsabilidade de desenvolver o propio campo artístico. Compromiso social do artista
C4 Comprensión crítica da dimensión preformativa e de incidencia social da arte. Analizar a repercusión recíproca entre a arte e a sociedade
C10 Coñecemento de institucións e organismos culturais españois e internacionais e do seu funcionamento (rede museística, exposicións, bienais, etc.)
C11 Coñecemento das normas de actuación derivadas dos dereitos de autor e propiedade
C15 Coñecemento dos métodos artísticos susceptibles de seren aplicados a proxectos socioculturais. Estudar as metodoloxías que faciliten a actuación artística no entorno social
C16 Coñecemento das características dos espazos e medios de exposición, almacenaxe e transporte das obras de arte
C17 Coñecemento dos diferentes axentes artísticos e o seu funcionamento. Identificar os distintos intermediarios artísticos e as súas funcións na dinámica da arte e a súa metodoloxía de traballo
C18 Coñecementos básicos de economía e marketing. Analizar e situar a actividade artística nun contexto estratéxico e de competencia. Establecer e manter relacións comerciais con clientes e/ou socios
C19 Capacidade para identificar e entender os problemas da arte. Establecer os aspectos da arte que xeran procesos de creación.
C20 Capacidade de interpretar creativa e imaxinativamente problemas artísticos. Desenvolver os procesos creativos asociados á resolución de problemas artísticos
C21 Capacidade de comprender e valorar discursos artísticos en relación coa propia obra. Establecer medios para comparar e relacionar a obra artística persoal co contexto creativo.
C23 Capacidade de comunicación. Aprender a traducir as ideas artísticas para poder transmitilas
C24 Capacidade para expoñer oralmente e por escrito con claridade problemas artísticos complexos e proxectos
C26 Capacidade de curiosidade e de sorpresa máis para alén da percepción práctica. Desenvolver a percepción mental para alén do retiniano
C28 Capacidade de traballar en equipo. Capacidade de organizar, desenvolver e resolver o traballo mediante a aplicación de estratexias de interacción
C34 Capacidade de colaboración con outras profesións e especialmente cos profesionais doutros campos. Identificar os profesionais adecuados para desenvolver adecuadamente o traballo artístico
C35 Capacidade para activar un contexto cultural e/ou modificar un contexto público ou privado. Saber entender o contexto cultural para xerar iniciativas e dinamizar o entorno
C36 Capacidade de documentar a produción artística. Utilizar as ferramentas e recursos necesarios para contextualizar e explicar a propia obra artística
C37 Capacidade de identificar os problemas artísticos e/ou socioculturais así como os condicionantes que fan posible discursos artísticos determinados. Describir os condicionantes que inciden na creación artística. Análise das estratexias de produción artística
C39 Capacidade de determinar o sistema de presentación adecuado para as calidades artísticas específicas dunha obra de arte. Adquirir criterios para a adecuada apreciación da obra de arte en relación co seu entorno e exhibición
C40 Capacidade de autoemprego e de xeración de emprego
C41 Capacidade para realizar proxectos de investigación artísticos.
C44 Habilidade para realizar, organizar e administrar proxectos artísticos innovadores
C45 Habilidade para comunicar e difundir proxectos artísticos
C46 Habilidade para realizar proxectos artísticos con repercusión social e nos medios. Utilizar os recursos de difusión dos proxectos artísticos co fin de potenciar a súa repercusión social
C47 Habilidade para realizar e integrar proxectos artísticos en contextos máis amplos. Desenvolver estratexias de proxección da creación artística para alén do seu campo de actuación
C48 Habilidade para unha presentación adecuada dos proxectos artísticos. Saber comunicar os proxectos artísticos en contextos diversificados
C49 Habilidades interpersoais, conciencia das capacidades e dos recursos propios para o desenvolvemento do traballo artístico
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000