Guia docente 2011_12
Facultad de Bellas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Proxectos de debuxo e pintura
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Contol de asistencia.
10
Traballos de aula Asistencia. Seguimento do traballo, revisións continuadas.
Desenvolvemento do proxecto persoal. Coherencia e claridade na presentación.
Resolución técnica dos traballos.
Nivel de autocrítica e análise.
Afondamento e implicación no proxecto.
Asimilación dos conceptos vertidos nas clases maxistrais.
Disposición investigadora e experimental. Interese por ampliar coñecementos (visitas a exposicións, lectura da bibliografía).
80
Metodoloxías integradas Aprendizaxe colaborativa: Nivel de análise. Participación activa nos debates. Asistencia.
10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación


A avaliación é continua.


Os estudantes terán que facer periódicamente na aula presentacións do proyecto e exposicións dos resultados.


As datas para facer estas presentacións/exposicións iranse anunciando durante o transcurso do cuadrimestre.


Máis de dúas faltas de asistencia (sen xustificar) ás clases maxistrais equivalen a un non presentado na nota final.


Máis de tres faltas de asistencia (sen xustificar) ao taller equivalen a un non presentado na nota final.


É obrigatoria a realización de todos os traballos propostos para optar ao aprobado.


Os estudantes de segunda convocatoria presentarán todos os traballos exixidos durante o cuadrimestre.


CONVOCATORIA DE XULLO: Os estudantes de segunda convocatoria presentarán o proxecto, os resultados e todos os traballos/exercicios esixidos durante o cuadrimestre. Estos traballos/exercicios publicarase no tablón de anuncios coa suficiente antelación á fecha de examen.




Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000