Guia docente 2011_12
Facultad de Bellas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Transmisión, mediación e educación artística
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Os aspectos básicos da guía docente serán expostos na aula, así como as actividades que se han desenvolver ao longo do cuadrimestre co seu calendario correspondente. Proporase unha proba curta como diagnóstico de punto de partida e como reflexión dos coñecementos previos que ten o alumno.
Metodoloxías integradas Empregaremos unha metodoloxía activa, onde o alumno se involucre no proceso de aprendizaxe mediante a análise e o estudo do tema exposto na aula e dos textos propostos para lectura. O xuízo critico: a decisión do que se pode facer, da función que ha de ter, con que procedementos e que forma ou linguaxe poderían ser os adecuados. Proporanse tres proxectos coa intención de executalos e avalialos. A avaliación dos prototipos é parte fundamental do proceso de aprendizaxe. Para iso, deseñaranse programas de intervención educativa. O criterio de avaliación que se aplicará para cada un dos prototipos estará implícito no obxectivo de cada un dos proxectos.
Sesión maxistral Cando se inicie cada bloque de contidos, exporanse na aula cos recursos necesarios e expoñerase a secuencia de traballo, explicando tamén a secuencia de aprendizaxe. En cada un dos temas facilitarase a bibliografía específica.
Obradoiros Unha das fases fundamentais do proceso creativo é o diálogo que se establece cos procedementos e linguaxes para buscar xeitos posibles de materializar unha idea. Esta fase desenvolverémola con grupos máis reducidos e unha atención individualizada para que o profesor poida axudar á procura diverxente, a enriquecer o proceso e a acoutalo no momento oportuno. Tomaranse decisións individuais ou en grupo e realizaranse os prototipos.
Saídas de estudo/prácticas de campo Poranse en práctica os distintos programas para a avaliación dos prototipos.
Debates Intercambiaranse experiencias e analizaranse os resultados das distintas prácticas de avaliación en cada proxecto. Froito destas experiencias e da reflexión que implican, poderán emitir un xuízo sobre a función e efectividade dos prototipos avaliados, informe que terán que achegar no dossier de cada un dos proxectos realizados no cuadrimestre.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000