Guia docente 2011_12
Facultad de Bellas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Transmisión, mediación e educación artística
   Contidos
Tema Subtema
Teoría do ensino-aprendizaxe. Modelos de aprendizaxe condutista e de aprendizaxe cognitiva. Recursos para a aprendizaxe e a comunicación: empíricos, icónicos e simbólicos.
O proceso creativo, a súa estrutura e o seu método de traballo: o proxecto. As fases do proceso creativo: análise, síntese, diversificación, verificación e avaliación. Modelo e estrutura dun proxecto creativo.
A transmisión do coñecemento artístico: o mediador. As áreas de coñecemento da arte: historia, estética, linguaxe e procedementos. As relacións existentes entre estas catro áreas nos distintos momentos históricos. A reflexión sobre a experiencia e a práctica artística. Os espazos profesionais que conteñen a educación artística non regulada polo sistema educativo.
O deseño dun prototipo como recurso para a transmisión do coñecemento da arte. Función da educación artística. Análise de xogos e xoguetes para a educación artística. Recursos didácticos publicados nos museos de arte contemporánea. Libros e literatura para a educación da arte. O libro de artista como recurso de comunicación. A dimensión didáctica da arte.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000