Guia docente 2012_13
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Produción artística: Imaxe II
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Asistencia a clase. Demostración da adquisición dos coñecementos básicos da materia aplicados aos contidos do curso en traballos teóricos e prácticos. 11
Proxectos O sistema de avaliación será continuo e rexerase en base aos seguintes criterios:

1.1. Criterios xerais de avaliación:
• O interese artístico dos exercicios e do proxecto final. O alumno terá a opción de establecer un debate dentro do grupo da clase en defensa da valoración do seu traballo. En caso contrario, o profesor valorará este aspecto unilateralmente.
• Cumprimento dos obxectivos propostos e capacidade de culminación do traballo
• Avaliación e progresión no proceso de aprendizaxe
• A calidade, orixinalidade, creatividade e o grao de desenvolvemento das entregas e do proxecto proposto.
• A capacidade investigadora do alumno
• A capacidade de experimentación do alumno.
• A metodoloxía, planificación e coherencia do traballo ao largo do curso.
• O traballo de reflexión e estudo previo ao proceso de elaboración de cada proxecto.
• A ampliación dos coñecementos impartidos na clase.
• Capacidade de análise e de interrelación entre los diferentes contidos da materia en relación á confluencia no proxecto global final.
• Uso correcto da terminoloxía teórico-práctica.
• O grao de asistencia a clase e a actitude positiva / activa no seu transcurso. A participación na dinámica da clase, tanto nas tarefas de organización (limpeza, adquisición e bo uso de materiais colectivos, etc.) como noutras posibles colaboracións co grupo de clase.
• A comprensión e utilización correcta dos procesos técnicos e a adecuación á linguaxe propia do procedemento que se utilice, é dicir, que a concepción da imaxe ou exercicio se leve a cabo desde unha comprensión en profundidade das posibilidades expresivas propias do procedemento que se empregue. Correlación entre as súas formulacións ideo-estéticas e a súa solución técnico-formal

1.2. Criterios específicos de avaliación.
A. Exercicios prácticos.
1.1. Deseño: asistencia a clase continua, esforzo, interese, calidade artística e conceptual. Participación en clase, exercicios, coloquios, exposicións orais, correccións. Proceso de investigación e desenvolvemento: anteproxecto (medios manuais: bosquexos, análise, comentarios);fases do proxecto (idea, aplicación/materialización da idea, aplicación informática, produción a escala, produción final); coherencia do traballo, boa presentación e entrega.
1.2. Retícula. A aplicación dos conceptos impartidos en clases e a súa posta en práctica: composición, deseño con retícula, correcto uso de tipografía en bloques, lexibilidade aplicada ao proxecto creativo. A páxina e a maqueta: tamaños, marxes, xerarquía, columna,… Comprensión e correcta distribución e uso das partes dun libro. Dominio do programa InDesign.
1.3. Ilustración. Peso conceptual das ilustracións realizadas, correcta elección da técnica e dos medios empregados. Execución, desenvolvemento do proceso de ilustración (bosquexos a arte final) e adecuada presentación.
1.4. Fotografía. Uso correcto e creativo de imaxes fotográficas aplicadas ao deseño editorial. Resolucións e pixelado.
1.5. Gráfica. A adecuación da técnica á imaxe proposta dentro do proxecto global do libro de artista. Valorarase a complexidade técnica da estampaxe e a correcta utilización dos procesos técnicos (axustes de rexistros, superposicións de tintas, axuste da fluidez-viscosidade das tintas, presentación adecuada, limpeza, etc.)

B. Proxecto persoal global (libro de artista).
2.1. Proxecto teórico conceptual e memoria xustificativa escrita.
• A ampliación dos coñecementos impartidos na clase.
• Comprensión en profundidade dos conceptos explicados e consecuente claridade na súa expresión.
• Capacidade de análise e de relación entre diferentes contidos.
• Uso correcto da terminoloxía e das citas.
• Orixinalidade e rigor na presentación do tema.
• A bibliografía e fontes consultadas.
2.2. O libro obxecto como proxecto.
• A orixinalidade e creatividade na presentación do proxecto.
• O contido teórico, formal e procesual do libro.
• O aspecto e a presentación: selección de imaxes, textos, materiais (papeis), cor, composición lineal e transversal, individual e global, secuenciación, etc.
• O tipo e modo de encadernación. A presentación.
70%
Prácticas de laboratorio • A avaliación será continua, polo que se realizará un seguimento individualizado do alumnado, así como da súa evolución.
• A asistencia a clase é moi importante, xa que se efectuará unha observación constante do proceso de traballo no obradoiro.
• O alumno terá que entregar unha serie de exercicios e traballos de aula relacionados co temario da materia. Estes traballos serán revisados ao finalizar os exercicios correspondentes a cada unidade temática, tendo en conta o seguinte: a comprensión, asimilación e aplicación da proposta de traballo, xunto co grao de complexidade, creatividade, experimentación e evolución
• O diálogo alumno-profesor e unha dinámica interactiva do colectivo da clase facilitará unha mellor valoración de todos os aspectos sinalados.
10%
Seminarios Asistencia aos seminarios propostos, asimilación de contidos e entrega de informe. 2,5%
Saídas de estudo/prácticas de campo Asistencia ás saídas e prácticas de campo, asimilación de contidos e entrega de informe. 2,5
Probas de tipo test Os estudantes realizan unha proba de avaliación escrita, onde se determina o grao de asimilación dos contidos impartidos. 5%
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Exame xuño: 

A evaluación de xuño realizarase entre os días 1 e 3 de maio nas horas do horario de clase, cada grupo no seu horario correspondente.

Exame de xullo:

A evaluación de xullo realizarase o día 5 de xullo ás 10 h. Na evaluación de xullo os estudantes deberán entregar como mínimo a memoria e o proxecto final. O profesorado reservase o dereito de realizar probas puntuais teóricas ou prácticas de xeito individual daqueles contidos da materia que considere deberán mellorar cada alumno.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000