Guia docente 2012_13
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Arte: Arte e modernidade
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Presentacións/exposicións Presentación e exposición oral dos exercicios que se propoñan no trancurso das clases 10
Sesión maxistral Valoración da asistencia á clase 10
Saídas de estudo/prácticas de campo Valoración da asistencia ás saídas de estudo que se propoñan 10
Probas de resposta curta Realización dunha proba final ao remate do cuadrimestre 70
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Arte e Modernidade é unha asignatura compartida entre dúas profesoras: Susana Cendán (90%) e Mar Rodriguez Caldas (10%)


A metodoloxía da asignatura modúlase en clases teórico/prácticas. As CLASES TEÓRICAS (2 horas á semana) consisten na exposición oral dunha serie de nocións e coñecementos científicos apoiados en soportes audiovisuais cuxo obxectivo persigue que o alumno acade puntos de vista propios e globalizadores sobre os contidos da materia. As introduccións teóricas inician ao alumno no territorio da Historia da Arte de xeito gradual e ordenado.  Os “apuntes de clase”, tomados como unha reflexión en torno aos contidos do temario, só serán realmente efectivos si se complementan coas referencias bibliográficas descritas no programa.


A asistencia às clases teóricas é un requisito imprescindible para a correcta aprenhensión dos contidos do programa. Prégase a máxima puntualidade.


As CLASES PRÁCTICAS compartiméntanse en cinco grupos ou seminarios de traballo (P1, P2, P3, P4 e P5) de unha hora de duración cada un. As clases prácticas amplian e profundizan nos contidos teóricos da asignatura, permitindo desenvolver análises máis detidas sobre problemáticas concretas así como unha participación real e eficaz do alumno. Os contidos das clases prácticas consisten en lecturas e análises de textos, visualización de documentais, exercicios, debates, comentarios de visitas expositivas, etc., relacionados cos contidos da asignatura. Prégase a máxima puntualidade.


As horas de traballo autónomo do alumno. O modelo educativo do EEES (Espacio Europeo de Educación Superior) aboga por metodoloxías docentes orientadas a favorecer a aprendizaxe activa do estudante, a súa implicación e autonomía. A aprendizaxe non comeza e remata na aula. O alumno, como protagonista do seu proceso de aprendizaxe, debe asumir o novo papel de actor principal e actuar consecuentemente, tanto dentro como fora da aula: a súa formación depende en gran medida do traballo que realiza fora da aula. Así o contempla o sistema de transferencia de créditos ECTS.


A avaliación da asignatura Arte e Modernidade conxuga, en definitiva, as dúas opcións que se detallan a continuación:


1. Unha evaluación continuada baseada no control semanal dos exercicios e actividades propostas aos grupos de traballo no seu correspondente seminario. A pertenza a un grupo de traballo é inamovible. Non se valorará a realización de exercicios fora do grupo de traballo correspondente. Si o seguimento do traballo é discontinuo non poderá ser valorado e será calificado como non presentado.


Terase en conta a puntualidade das entregas dos exercicios nas datas concretas. A falta de puntualidade nas entregas valorarase negativamente.


A avaliación continuada implica en termos de cualificación un 30% do valor da asignatura.


2. Unha avaliación final formalizada nunha proba de exame de carácter sumatorio ao final do cuadrimestre, e cuxo valor supón un 70% do total da asignatura. A aplicación da presente proba permítelle ao profesor analizar resultados e obter valoracións concretas do aprehendido polo alumno ao longo do cuadrimestre.


A proba de exame consiste en cinco preguntas (cada unha das cales vale un máximo de 2 puntos) das que se valorará o seguinte:


            . A alusión ao contexto, referentes e aportacións da peza/linguaxeo ou artista proposto. Analizar unha imaxe non significa describir literalmente o que aparece en pantalla, senón proporcionar análises críticos en función do estudado.


            . O espazo de escritura debe limitarse ás liñas de puntos da proba en papel que entrega o profesor a cada alumno o día do exame. Recoméndase aos alumnos proverse de folios para realizar borradores previos á redacción final.


            . Apreciarase a boa redacción, a correcta denominación de estilos e artistas, así como a precisión ortográfica.


            . Pregase asimesmo puntualidade e boa letra.


DATAS DE EXAME:


Convocatoria de xuño: Venres 31 de maio


GRUPOS P1, P2 e P3 de 10 a 12 horas


GRUPOS P3 e P4 de 16 a 18 horas


Convocatoria de xullo: Luns 8 xullo de 12 a 14 horas (Todos os grupos)


 


 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000