Guia docente 2011_12
Facultad de Bellas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Arte: Arte e modernidade
   Competencias de titulación
Código Descrición
A1 Comprensión crítica da historia, teoría e discurso actual da arte. Comprender de xeito crítico a historia, teoría e discurso actual da arte. Asimilación analítica dos conceptos nos que se sustenta a arte
A2 Comprensión crítica da evolución dos valores estéticos, históricos, materiais, económicos e conceptuais. Analizar a evolución dos valores da arte desde unha perspectiva socioeconómica e cultural
A4 Comprensión crítica da dimensión preformativa e de incidencia social da arte. Analizar a repercusión recíproca entre a arte e a sociedade
A5 Coñecemento da teoría e do discurso actual da arte, así como o pensamento actual dos artistas a través das súas obras e textos. Actualizar constantemente o coñecemento directo da arte a través dos seus propios creadores
A6 Coñecemento do vocabulario, códigos, e dos conceptos inherentes ao ámbito artístico. Coñecer a linguaxe da arte
A8 Coñecemento das diferentes funcións que a arte adquiriu a través do desenvolvemento histórico. Estudar a evolución do papel da arte a través do tempo
A9 Coñecemento de métodos de produción e técnicas artísticas. Analizar os procesos de creación artística
A21 Capacidade de comprender e valorar discursos artísticos en relación coa propia obra. Establecer medios para comparar e relacionar a obra artística persoal co contexto creativo.
A36 Capacidade de documentar a produción artística. Utilizar as ferramentas e recursos necesarios para contextualizar e explicar a propia obra artística
A37 Capacidade de identificar os problemas artísticos e/ou socioculturais así como os condicionantes que fan posible discursos artísticos determinados. Describir os condicionantes que inciden na creación artística. Análise das estratexias de produción artística
B1 Capacidade de xestión da información.
B2 Capacidade de comunicación. Capacidade para expoñer oralmente e por escrito con claridade problemas complexos e proxectos dentro do seu campo de estudo
B3 Coñecemento básico da metodoloxía de investigación das fontes, a análise, a interpretación e síntese
B5 Capacidade de traballar autonomamente.
B6 Capacidade de traballar en equipo.
B13 Recoñecemento da diversidade e a multiculturalidade
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000