Guia docente 2011_12
Facultad de Bellas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Arte, linguaxe e representación
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Presentacións/exposicións Os alumnos explicaranlle á profesora, de forma individualizada ou en pequenos grupos, as súas formulacións e solucións para o exercicio proposto na sesión maxistral.
Traballos de aula Os alumnos resolverán os exercicios formulados na sesión maxistral principalmente no obradoiro da materia, co seguimento constante da profesora nas horas presenciais e de forma autónoma nas non presenciais. Tecnicamente, os exercicios implicarán a práctica da pintura, a fotografía e a infografía, aínda que tamén se abordará o manexo dos obxectos e os seus contextos.
Sesión maxistral A profesora exporá os contidos da materia coa axuda de material audiovisual. Ao termo da clase, proporá un exercicio práctico relacionado cos temas tratados, que se desenvolverá durante varias semanas.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000