Guia docente 2023_24
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Historia: Historia da arte
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios A sesión maxistral será avaliada tamén mediante unha proba na que o alumnado terá que comentar por escrito unha serie de obras de arte dos períodos estudados aplicando en cada unha delas os coñecementos adquiridos. Para superar a materia, é necesario conseguir nesta proba unha cualificación mínima de 5 puntos (sobre os 10 do total)
Con isto, o alumnado dara conta dos seguintes resultados da aprendizaxe:
Comprensión crítica da historia, teoría e discurso actual da arte. Comprender de maneira crítica a historia, teoría e discurso actual da arte. Asimilación analítica dos conceptos nos que se sustenta a arte.
Coñecemento das diferentes funcións que a arte adquiriu a través do desenvolvemento histórico. Estudar a evolución do papel da arte a través do tempo.
30 C1
C5
C8
Exame de preguntas de desenvolvemento A sesión maxistral será avaliada mediante unha proba escrita de resposta longa de carácter transversal na que terá que relacionar diferentes contidos e ideas do temario. Para superar a materia, é necesario conseguir nesta proba unha cualificación mínima de 5 puntos (sobre os 10 do total).
Con isto o alumno dará conta dos seguintes resultados de aprendizaxe:
Comprensión crítica da dimensión preformativa e de incidencia social da arte. Analizar a repercusión recíproca
entre a arte e a sociedade.
Coñecemento do vocabulario, códigos, e dos conceptos inherentes ao ámbito artístico. Coñecer a linguaxe da arte.
Capacidade de identificar os problemas artísticos e/ou socio-culturais así como os condicionantes que fan posible discursos artísticos determinados. Describir os condicionantes que inciden na creación artística. Análise das estratexias de produción artística.
40 C4
C6
C37
Observación sistemática Valoración do traballo autónomo do alumnado a través de comentarios de obras de arte.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son:
Capacidade de xestión da información.
Coñecemento da teoría e do discurso actual da arte, así como o pensamento actual dos artistas a través das súas obras e textos. Actualizar constantemente o coñecemento directo da arte a través dos seus propios creadores.
Comprensión crítica da evolución dos valores estéticos, históricos, materiais, económicos e conceptuais.
Analizar a evolución dos valores da arte desde unha perspectiva socio-económica e cultural.
10 B1
C2
C5
Cartafol/dossier Informe das saídas de estudo programadas como complemento da materia. Con isto o alumnado dará conta dos seguintes resultados de aprendizaxe:
Sensibilidade cara ao patrimonio cultural.
Capacidade de xestión da información
20 B1
B15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado deberá cumprir os requisitos mínimos de presencialidade necesarios para a avaliación continua. Así mesmo deberá acudir e realizar as probas que o profesorado dispoña como imprescindibles. O seguimento realizarase a través dos seguintes recursos: Curso virtual na plataforma Moodle (MooVi, UVigo) e correo electrónico. Docencia presencial: seguimento na aula e o seminario de informática da facultade. Docencia non presencial: Campus Remoto (enlace en MooVi). 

A utilización dos materiais postos a disposición do alumnado a través de MooVi deberá respectar os dereitos de autor/a e serán cualificados cun cero calquera proba ou exame nos que se "copien no sustancial obras alleas, dándoas como propias" (dle-rae).

Aqueles estudantes que elixan ser avaliados mediante a modalidade de avaliación global deberán comunicalo ao profesorado responsable da materia no prazo de 31 días hábiles dende o inicio de cada cuadrimestre (artigo 19.4 do Regulamento sobre a avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigo). Serán avaliados dos contidos do programa da materia mediante unha proba escrita, que suporá o 70% da nota final, e un traballo obrigatorio, que representará un 30% desta. 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000