Guia docente 2013_14
Facultade de Belas Artes

Biblioteca


Horario: Luns a venres de 8:30 a 20:30h salvo verán, semana santa e nadal.

A Biblioteca de Belas Artes forma parte do conxunto da Biblioteca Universitaria de Vigo (BUV) polo que se rexerá polo Regulamento da BUV aprobado en Xunta de Goberno o 27de febreiro de 2002 e pola Normativa de Préstamo. Conta con cincuenta e cinco títulos de publicacións periódicas e nove mil seiscentos títulos de monografías, a mioría de acceso directo na sala.

Dirección:
Biblioteca da Facultade de Belas Artes
Rúa Maestranza, 2
36002 Pontevedra

Teléfono:
986 80 18 36

Correo electrónico:
presbel@uvigo.es

Técnicos especialistas de biblioteca
Ana Prieto Bereijo (quenda de mañá)
Ana Cecilia Rodríguez Buján (quenda de tarde)

Páxina web da Biblioteca da Universidade de Vigo:
www.uvigo.es/biblioteca

Catálogo da Biblioteca da Universidade de Vigo:
http://biblio.cesga.es/search*gag

O catálogo recolle tódolos fondos da Bibioteca da Universidade de Vigo e pódese consultar a través de internet.

Servizos
Lectura en sala
Préstamo a domicilio de fondos bibliográficos de tódala Biblioteca Universitaria
Reproducción de documentos: para reproduci-los documentos da biblioteca que non poidan ser prestados. O usuario terá á súa disposición na sala unha fotocopiadora de tarxeta dependente do servicio de reprografía da facultade.

Os servicios máis especializados (como ó acceso a internet para buscas bibliográficas, consulta asistida en bases de datos, etc...) así como a dirección, xestión e coordinación de tódalas bibliotecas do Campus de Pontevedra atópase na Biblioteca Central do Campus.

Biblioteca Central do Campus de Pontevedra
Campus A Xunqueira
(Edificio Fac. de Ciencias Sociais)
36005 - Pontevedra

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000