Guia docente 2023_24
Escola Universitaria de Enfermaría de Ourense
Grao en Enfermaría
 Materias
  Atención de enfermaría nas emerxencias e catástrofes
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario A avaliación desta parte contará con dous apartados, que serán equivalentes ó 40% do total da materia.

1. Avaliación continuada:
Farase ó longo do cuatrimestre, observando o nivel de participación, habilidades e destrezas naqueles temas que serán impartidos nos seminarios.
A puntuación para ser apto será de 5 ou mais puntos sobre 10, e esta avaliacíon será o 20% da puntuación total da materia

2. Examen de preguntas obxectivas:
Será unha proba de preguntas tipo test, con varias opcións de resposta, sendo só unha delas válida en relación á materia impartida nos seminarios.
A fórmula para obter puntuación será A-E (acertos-erros), as preguntas en blanco non restan.
A puntuación para ser apto será de 5 ou mais puntos sobre 10, e esta evaluación será o 20% da puntuación total da materia.
Dito examen será na data marcada no calendario oficial académico.

É necesario superar estas dúas probas para poder superar a parte de seminarios e así poder superar tamén o total da materia.

Asistencia obrigatoria ós seminarios ó menos o 90% do total das horas asignadas.
Si o alumnado non ten a asistencia mínima, a avaliación realizarase como alumnado con ausencias nos seminarios.
40 A1
A3
B1
B3
B5
B10
B15
C2
C3
C4
C13
C17
C29
C30
C48
D1
D2
D4
D5
D7
Exame de preguntas obxectivas Avaliarase a materia de contido teórico impartida en todo o cuatrimestre.

Consta da realización dunha proba obxectiva con preguntas tipo test, con 4 alternativas de resposta, sendo só unha delas válida.
A fórmula para obter puntuación será A-E (acertos-erros), as preguntas en branco non restan
A puntuación para ser apto será de 5.0 sobre 10

Dito exame será na aula e data marcada no calendario oficial académico.
Esta avaliación corresponderá ó 60% da puntuación total da materia
60 A1
A3
B1
B3
B5
B10
B13
B15
B17
C2
C3
C17
C24
C29
C30
C48
D1
D2
D4
D5
D7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Avaliación no caso de ausencias aos seminarios:

O alumnado neste caso, aparte do exame de preguntas obxectivas no cal se ten en conta o 60% da puntuación total da materia, terán que facer outro tipo de avaliación sobre os temas impartidos nos seminarios.

Exame de preguntas obxectivas e curtas:
Será unha proba de preguntas tipo test, con varias opcións de escolla sendo só unha delas válida, e algunha pregunta curta de desenvolvemento e coñecementos adquiridos, en relación a materia impartida nos seminarios.
A fórmula para obter puntuación será A-E (acertos-erros), as preguntas en branco non restan para as tipo test, e para as preguntas curtas utilizarase a fórmula de coñecemto total ou parcial para a puntuación.
A puntuación para ser apto será de 5 ou mais puntos sobre 10 e esta avaliacíon será o 40% da puntuación total da materia.

Dito exame será na aula e data marcada no calendario oficial académico.

Nesta modalidade será necesario, igual que na modalidade presencial, superar tanto a parte de seminarios (exame preguntas obxectivas tipo test e curtas) como a parte teórica (exame preguntas obxectivas tipo test) para poder superar a materia.

Segunda edición ordinaria:

Os criterios indicados na primeira edición ordinaria, serán os mesmos que se utilizarán na segunda edición ordinaria.

O exame será na aula e data marcada no calendario oficial académico.

Convocatoria fin de Carreira:

Os criterios indicados na primeira edición ordinaria, serán os mesmos que se utilizarán na convocatoria fin de carreira.

O exame será na aula e data marcada no calendario oficial académico.



Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000