Guia docente 2023_24
Escola Universitaria de Enfermaría de Ourense
Grao en Enfermaría
 Materias
  Enfermaría materno-infantil
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario A avaliación da parte de seminarios da materia, consta de dous apartados:

1º. Avaliación continua nos seminarios.

Esta avaliación farase en base a participación activa da/o estudante durante os seminarios e as actividades relacionadas con a materia.
A puntuación para ser apto neste apartado será de 5 ou máis puntos sobre 10.
Será preciso superar esta parte dos seminarios, para poder superar a materia.
A esta avaliación correspóndelle o 20% da puntuación total da materia.
A asistencia aos seminarios é obrigatoria, mínimo o 90% do total das horas asignadas, no caso contrario, a/o estudante pasará a ser avaliada/o segundo os criterios establecidos (consultar o apartado "outros comentarios sobre a avaliación: avaliación no caso de ausencia aos seminarios").


2º. Traballo en materia de violencia de xénero.

A/O estudante deberá facer este traballo en grupo, segundo os criterios que se indiquen oportunamente ao inicio do cuadrimestre.
A exposición e defensa do mesmo, será nas horas de seminarios da materia, nas datas previamente marcadas.
Avaliarase individualmente a cada un dos participantes do grupo de traballo.
A puntuación para ser apto neste apartado será de 5 ou máis puntos sobre 10.
Será preciso superar esta parte dos seminarios para poder superar a materia.
A esta avaliación correspóndelle o 20% da puntuación total da materia.

Para poder superar esta parte de seminarios da materia, será preciso superar a avaliación continuada e a exposición e defensa do traballo en materia de violencia de xénero; o que se corresponde no global con o 40% da puntuación total da materia.
40 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B4
B5
B7
B8
B9
B10
B11
B12
C34
C35
C36
C37
C38
C39
C40
D1
D2
D3
D4
D5
D6
D7
D8
D9
D10
D11
Exame de preguntas obxectivas A avaliación dos contidos da materia farase en base a realización dun exame de preguntas obxectivas (tipo test), das dúas partes da materia (materno e pediatría), o cal consta de 60 preguntas, con varias opcións de resposta, sendo só unha destas certa.
É preciso superar as dúas partes do exame da materia (parte de materno e de pediatría), con a puntuación mínima de 5 puntos sobre 10 en cada unha delas.
A puntuación total para ser apto neste apartado será de 5 ou máis puntos sobre 10.
A fórmula que se utilizará para obter a puntuación neste apartado será: (A-E, acertos - erros).
As respostas en branco non restan puntuación.
Dita proba, farase na data marcada no calendario oficial académico.
É preciso superar este exame para poder superar a materia.
A esta avaliación correspóndelle o 60% da puntuación total da materia.
60 C34
C35
C36
C37
C38
C39
C40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación no caso de ausencia aos seminarios da materia.

A/O estudante que non asista no mínimo ao 90% das horas asignadas aos seminarios da materia, terá de facer unha proba práctica en
relación aos contidos impartidos nos mesmos. Dita
proba farase na data marcada no calendario oficial académico, para a
1ª edición ordinaria. A
puntuación para ser apto neste apartado será de 5 ou máis puntos
sobre 10. A
esta avaliación correspóndelle o 20% da puntuación total da
materia. De igual xeito ao establecido no caso da asistencia mínima obrigatoria aos seminarios, a/o estudante deberá realizar o exame de preguntas obxectivas (60%) e presentar e defender o traballo en materia de violencia de xénero (20%); é preciso superar estas tres probas de avaliación para poder superar a materia.



edición ordinaria (xullo)
.


A
esta convocatoria deberá presentarse a/o estudante que non teña
superada algunha/s das partes desta materia:


.-
No caso de non ter feito ou superado o exame de preguntas obxectivas, a/o estudante deberá facelo cumprindo con os criterios establecidos na 1ª edición ordinaria. Dita
proba farase na data marcada no calendario oficial académico na
2ª edición ordinaria.

.-
No caso de non ter superada a avaliación continua dos seminarios ou non ter feita ou superada a proba práctica de recuperación no caso de ausencia aos mesmos, a/o estudante deberá facer unha
proba práctica en relación aos contidos impartidos nos
seminarios da materia e cumprir con os criterios de
avaliación establecidos na 1ª edición ordinaria. Esta proba práctica farase na data
marcada no calendario oficial académico, na 2ª edición
ordinaria.


.-
No caso de non ter feito ou superado o traballo en materia de
"violencia e xénero", a/o estudante deberá facelo
segundo os criterios establecidos na 1ª
edición ordinaria, tendo como prazo máximo para a entrega do mesmo, unha semana antes da data marcada no calendario oficial
académico, para realizar as probas de avaliación desta materia na
2ª edición ordinaria.


Para
superar a materia nesta 2ª edición ordinaria será preciso, superar
o exame de preguntas obxectivas (60%), a avaliación continuada dos seminarios ou no caso de ausencia aos mesmos, a proba práctica
de recuperación correspondente (20%) e o traballo en materia de
"violencia de xénero" (20%).


Convocatoria
de Fin de carreira
.


A/O
estudante poderá presentarse a convocatoria de fin de
carreira (previa matrícula específica para esta
convocatoria),
 na que prevalecerán os mesmos criterios de realización e avaliación indicados nas diferentes partes da materia, marcados para a
1ª e a 2ª edición ordinaria. 
As
probas de avaliación correspondentes, faranse na data indicada no
calendario oficial académico para esta convocatoria de “fin de
carreira”.


Outros
comentarios
.

  • As
    datas oficiais para a realización das probas de avaliación desta
    materia en todas as súas edicións, estarán publicadas na páxina
    web da Escola: 
    http://euenfou.webs.uvigo.es/index.php/gl-es/
  • A
    data de revisión das probas de avaliación correspondentes, será comunicada oportunamente por
    parte da profesora da materia, no momento da publicación da lista de
    cualificacións provisionais en cada unha das convocatorias.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000