Guia docente 2023_24
Escuela Universitaria de Enfermería de Ourense
Grao en Enfermaría
 Materias
  Enfermaría clínica III
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Valorarase a resolución de casos prácticos e análises de situacións, expostos nos seminarios. Aprobado 5 sobre 10. 10 A3
A5
C29
C30
D1
D2
D3
D4
D7
Seminario Avaliación continua da participación, habilidades e destrezas do alumnado nas prácticas realizadas nos seminarios ao longo do cuadrimestre.

Asistencia obrigatoria polo menos ao 90% do total das horas. De non tela a avaliación realizarase como alumnado con ausencias nos seminarios.
Na modalidade presencial a avaliación realizarase cunha proba de resposta curta ou tipo test. Nota de corte 5 sobre 10. No exame indicarase se as respostas incorrectas restan e en qué porcentaxe.

Para a nota final é imprescindible aprobar cada unha das partes.

A data do exame na primeira edición publicarase na páxina web da escola en no taboleiro de anuncios.
30 A1
A2
A3
A4
B7
B8
C30
C31
C32
C33
D1
D2
D3
D4
D5
D6
D7
D8
D9
D11
Resolución de problemas e/ou exercicios Exame con preguntas de resposta curta/test. Pode haber varias opcións de exame (con distintas preguntas pero co mesmo grao de dificultade). Nota de corte 5 sobre 10.
Realizarase o día asignado no calendario oficial de exames.
Para a nota final é imprescindible aprobar cada unha das partes.
A data do exame na primeira edición publicarase na páxina web da escola en no taboleiro de anuncios.
60 A2
C28
C29
C30
D7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para aprobar a materia será imprescindible aprobar cada parte por separado.

2ª edición ordinaria.

Para recuperar calquera das partes farase na 2ª edición, cun exame escrito das mesmas características e con os mesmos criterios aos da 1ª edición. A data do exame na 2ª edición publicarase na páxina web da escola e no taboleiro de anuncios.

Nota de corte 5 sobre 10.

AVALIACION DOS SEMINARIOS para o alumnado que non cumpra co 90% da asistencia: Poderanse acoller a esta modalidade os alumnos que non poidan asistir aos mesmos, e o solicíten por escrito antes do 06/10/2023, e debidamente xustificado.
Deberán realizar:

  • Proba de resposta curta/test igual que na modalidade presencial. Nota de corte 5 sobre 10.
  • Proba de resposta longa, de desenvolvemento. Nota de corte 5 sobre 10, (fará media coa nota da proba de resposta curta).
  • Traballo sobre un tema relacionado coa la materia
    impartida nos seminarios a concretar coa profesora encargada da
    asignatura. Nota de corte 5 sobre 10.
  • A nota de seminarios será a media da proba tipo test, a proba de
    resposta longa e o traballo. Suporá o 30% da
    nota total.

Para aprobar, será necesario superar as tres partes: proba de resposta curta, proba de resposta longa e traballo. Nota de corte 5 sobre 10.

CONVOCATORIA FIN DE CARREIRA: Proba de resposta curta/test sobre toda a materia impartida, tanto nas sesións maxistrais como nos seminarios. Nota de corte 5 sobre 10.

A data do exame de fin de carreira publicarase na páxina web da escola en no taboleiro de anuncios.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000